Comunicado da Asemblea da 1ª Xuntanza Indignada

A Asemblea da 1ª Xuntanza indignada de A Coruña apoia a concentracion do domingo 28 de Agosto, as 20:00 na delegación do goberno, contra a pretensión do Goberno do PSOE e do PP de limitar constitucionalmente o Déficit público.

Ás agachadas, sen debate publico, e os mesmos que impiden calquera reforma constitucional queavance nas liberdades democráticas e dos pobos que constitúen o Estado Español, queren impor unhas limitacións ao gasto publico, cando é de sobra coñecido que diste xeito, poranse en cuestión as poucas medidas sociais e mesmo o Estado do Benestar.

O mesmo goberno que non hai nin dous anos que gastou miles de millóns no rescate da banca e grandes empresarios, agora quere hipotecar o futuro dos investimentos de todas as administracións.

Fronte á crise que atinxe ao conxunto da poboación, so colle unha saída, a saída social á crise o que significa a cancelación de todos gastos inútis da administración, como os gastos militares, o orzamento á casa real ou as subvencións á banca.

A saída social á crise implica a utilización de todos os recursos financeiros posibles á creación de emprego, e á resolución das necesidades sociais sanidade, educación, transporte colectivo, etc.

O PSOE e o PP acordan as costas da poboación unha reforma constitucional, no verán e sen dar a menor posibilidade da decidir a cidadanía. Consideramos isto unha vulneración dos mais elementais principios democráticos.

Por todos estes motivos, rexeitamos a reforma proposta polo PP PSOE, e consideramos que son as organizacións sociais e dos traballadores e traballadoras, as asembleas populares, as que teñen que encabezar, desde a unidade de todos e todas, a resposta ás medidas lesivas para o conxunto da poboación.

Fronte a unidade dos partidos do sistema, imponse a unidade de todos os afectados polas súas políticas, por iso chamamos á participación nas mobilizacións convocadas contra esta reforma constitucional antidemocrática.

Cambre, 27 de agosto do 2011

Asemblea da 1ª Xuntanza indignada de A Coruña

Leave a Reply