Puntos de partida

why not try this out PUNTOS DE PARTIDA PARA ELABORAR PROPOSTAS
APROBADOS EN ASEMBLEA POPULAR DE CORUÑA DEL OBELISCO 22-5-11

dating windsor ont Ratificadas nas Asembleas de Agra do Orzán e Montealto. En proceso de debate no resto de Asembleas de Barrio e en Oleiros

http://meliggoi.gr/mokryxa/3608 1-ELIMINACIÓN DOS PRIVILEXIOS DA CLASE POLÍTICA:
-Control estrito do absentismo dos cargos electos nos seus respectivos postos. Sancións específicas por abandono de funcións.
-Supresión dos privilexios no pago de impostos, anos de cotización e monto das pensións.
-Equiparación do salario dos representantes electos ao salario medio español máis as dietas necesarias indispensables para o exercicio das súas funcións.
-Eliminación da inmunidade asociada ao cargo. Imprescriptibilidade dos delitos de corrupción.
-Publicación obrigatoria do patrimonio de todos os cargos públicos.
-Redución dos cargos de libre designación.

http://fili.hu/elisey/1267 2-CONTRA O DESEMPREGO:
-Repartición do traballo fomentando reducións de xornada e conciliación laboral até acabar co desemprego estrutural (é dicir, ata que o desemprego descenda por baixo do 5%).
-Xubilación aos 65 e ningún aumento na idade de xubilación até acabar co desemprego xuvenil.
-Bonificacións para aquelas empresas con menos dun 10% de contratación temporal.
-Seguridade no emprego: imposibilidade de despedimentos colectivos ou por causas obxectivas nas grandes empresas mentres haxa beneficios, fiscalización das grandes empresas para asegurar que non cubran con traballadores temporais empregos que poderían ser fixos.
-Restablecemento do subsidio de 426 euros para todos os parados de longa duración.

http://godswayradio.com/?rtyt=rencontre-homme-riche-en-france&af3=33 3-DEREITO Á VIVENDA:
-Expropiación por parte do Estado das vivendas construídas en stock que non se venderon para colocalas no mercado en réxime de aluguer protexido.
-Axudas ao aluguer para mozos e todas aquelas persoas de baixos recursos.
-Que se permita a dación en pago das vivendas para cancelar as hipotecas.

würde dich gerne kennenlernen spanisch 4-SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE:
-Supresión de gastos inútiles nas Administracións Públicas e control independente de orzamentos e gastos.
-Contratación de persoal sanitario até acabar coas listas de espera.
-Contratación de profesorado para garantir o cociente de alumnos por aula, os grupos de desdobre e os grupos de apoio.
-Redución do custo de matrícula en toda a educación universitaria, equiparando o prezo dos posgraos ao dos graos.
-Financiamento público da investigación para garantir a súa independencia.
-Transporte público barato, de calidade e ecoloxicamente sustentable: restablecemento dos trens que están substituíndo polo AVE, cos prezos orixinarios, abaratamento dos abonos de transporte, restrición do tráfico rodado privado no centro das cidades, construción de carrís bici.
-Recursos sociais locais: aplicación efectiva da Lei de Dependencia, redes de coidadores locais municipais, servizos locais de mediación e tutelaxe.

site pour rencontrer son idole 5-CONTROL DAS ENTIDADES BANCARIAS:
-Prohibición de calquera tipo de rescate ou inxección de capital a entidades bancarias: aquelas entidades en dificultades deben crebar ou ser nacionalizadas para constituír unha banca pública baixo control social.
-Elevación de impostos á banca de maneira directamente proporcional ao gasto social ocasionado pola crise xerada pola súa mala xestión.
-Devolución ás arcas públicas por parte dos bancos de todo capital público achegado.
-Prohibición de investimento de bancos españois en paraísos fiscais.
-Regulamento de sancións aos movementos especulativos e á mala praxe bancaria.

site de rencontres 18-20 ans 6-FISCALIDADE:
-Aumento do tipo impositivo ás grandes fortunas e entidades bancarias.
-Eliminación das SICAV.
-Recuperación do Imposto sobre o Patrimonio.
-Control real e efectivo da fraude fical e da fuga de capitais a paraísos fiscais.
-Promoción a nivel internacional da adopción dunha taxa ás transaccións internacionais (taxa Tobin).

7-LIBERDADES CIDADÁS E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:
-Non ao control de Internet. Abolición da Lei Sinde.
-Protección da liberdade de información e do xornalismo de investigación.
-Referendos obrigatorios e vinculantes para as cuestións de gran calado que modifican as condicións de vida dos cidadáns.
-Referendos obrigatorios para toda introdución de medidas ditadas desde a UE.
-Modificación da Lei Electoral para garantir un sistema autenticamente representativo e proporcional que non discrimine a ningunha forza política nin vontade social, onde o voto en branco e o voto nulo tamén teñan a súa representación no lexislativo.
-Independencia do Poder Xudicial: reforma da figura do Ministerio Fiscal para garantir a súa independencia, non ao nomeamento de membros do Tribunal Constitucional e do CGPJ por parte do Executivo.
-Establecemento de mecanismos efectivos que garantan a democracia interna nos partidos político.

8-REDUCIÓN DO GASTO MILITAR.

OUTROS PUNTOS PARA ENGADIR AO DEBATE E Á ELABORACIÓN DE PROPOSTAS SUXERIDOS E APROBADOS POLA ASEMBLEA POPULAR DA CORUÑA 24-5-11

-Migracións
-Reestruturación das administracións públicas
-Sustentabilidade e medio ambiente
-Xénero
-Relacions Norte-Sur

« Previous post

Leave a Reply