A Rede de Asembleas súmase a folga xeral do día 29

site de rencontre france usa A Rede de Asembleas da Coruña se suma á convocatoria dos sindicatos cara á folga do día 29 contra a reforma laboral do PP, que ademáis enmarcamos no ataque neoliberal que está a sufri-la sociedade.

single party freiburg A folga de producción segue a se-lo mellor instrumento de loita dos traballadores, e considerámola fundamental para o comezo da organización da resposta sostida da sociedade contra o neoliberalismo, que contamina un sistema ó que de feito, pouco lle debemos xa trala reforma constitucional pactada a traición polos dous partidos maioritarios, que básicamente entrega o país ás forzas do capital nacional e global, tralos recortes nos servicios públicos á vez que continúan as políticas que favorecen ás grandes fortunas, medidas todas que veñen ordenadas por eses cada vez menos misteriosos “mercados” e trala manifesta inoperancia dun sistema xudicial intervenido polos partidos e o gran capital, que non ofrece garantía algunha ós cidadáns de defensa en cuestións fundamentais de funcionamento democrático e defensa de dereitos básicos.

rencontre annuelle des musulmans de france Tamén se debe considera-lo aspecto da folga de consumo, o outro pilar do sistema productivo; e o verdadeiramente clave, porque a espiral de sobreconsumo é o que realmente mantén o sistema en marcha, e é hoxe por hoxe case a única actividade na que podemos exercer realmente as mínimas liberdades que conservamos. Unha caída do consumo o día 29 sería, ó igual que a caída da producción, un golpe directo ós intereses do capital.

une rencontre entre ou de  

https://demacker-design.de/frak/1462 Chamamos a todos os traballadores/as a participar na folga, para que sexa unha protesta da xente, fóra de siglas

Chamamos aos parados/as a que ese día se incorporen aos piquetes e a manifestación, porque eles/as son os principais damnificados dunha reforma que pecha as portas á creación de emprego.

Chamamos aos/as estudantes, aos mozos, a participar na folga e aos piquetes porque este goberno condena á mocidade a non ter nin futuro? nin presente.

Chamamos aos xubilados/as e pensionistas a que ese día saian cos folguistas á rúa porque este goberno, como en Grecia, seguirá roubando as xa miserables pensións.

 

Chamamos aos pequenos/as comerciantes a sumarse á folga dos traballadores, porque o goberno dos banqueiros e a Lei de liberdade de horarios comerciais empúxanlles á ruína.

A necesaria unidade da clase traballadora e o pobo contra as políticas de Reforma Laboral, Recortes Sociais e Privatizacións do goberno non ten a súa contrapartida desde as organizacións sindicais, que, desgraciadamente, convocan manifestacións diferentes. Para a Rede de Barrios e Vilas dá Coruña é un erro monumental a guerra de siglas,  pondo na obriga aos traballadores e traballadoras de ter que decidir por motivos ideolóxicos ou de siglas.

 

Acudimos á folga pola loita dos traballadores e non seguindo a ningún colectivo, senón ó seu lado. A mesaxe é simple: non á reforma laboral imposta polo capital. Estamos contra a utilización política por parte de certos sindicatos das reivindicacións dos traballadores, que crean unha división que somentes favorece ós obxectivos burocráticos desas organizacións e ós obxectivos políticos do goberno do PP, entregado a grandes rasgos ó poder financieiro global ó igual que o PSOE. É imprescindible que eses sindicatos se posicionen claramente do lado da clase traballadora, dos precarios, dos sin papeis e por suposto dos parados, abandonen os seus obxectivos secundarios de organización, e movilicen de maneira conxunta as súas forzas para o obxectivo concreto de derruba-la reforma laboral primeiro e avanzar despois na reconquista dos dereitos que están a ser eliminados co único criterio de mante-lo expolio á cidadanía que supón o sistema na súa forma actual.

A Rede de Asembleas do 15M da Coruña acude ás movilizacións do lado dos sindicatos minoritarios por identicarnos cos seus obxectivos nesta loita concreta e coa súa actuación asamblearia. Chamamos a toda a cidadanía da comarca a sumarse tamén á loita participando activamente na folga contra esta reforma laboral inaceptable, a adherirse os piquetes na súa labor informativa, e a participar con CGT e CUT na manifestación o día 29 de Marzo ás 12:30 con saída dende a Praza de Portugal.

 

http://www.montessori-marseille.fr/?kleyton=rencontre-black-femme Contra os neoliberais e por unha saída social á crise.

YOURURL.com 15M – Rede de Barrios e Vilas da Coruña

 

Para ver o evento en facebook fai click aquí

3 ResponsesLeave one →

  1. traballadora

     /  27 marzo, 2012

    E non vos identificades cos reivindicacións da CIG? Ou é que os minoritarios son máis “guays”?

    Responder
    • Lorenzo

       /  27 marzo, 2012

      A CIG, CUT, CGT,… foron os convocantes en principio, e despois CIG rexeitou ir cos demais na manifestación, creando este tipo de divisións e obrigándonos a escoller. Pensamos que esa actitude é un erro lamentable e acudimos á manifestación con CGT e CUT, que son os que mais fixeron pola unidade nesta loita.

      Responder
  2. Fuco

     /  27 marzo, 2012

    Paréceme unha boa decisión: pola aposta que fan sempre CGT e CUT pola unidade e os métodos asamblearios, e porque CIG errou en primar o interese de procurar o rédito partidario de tentar aparecer como única alternativa posible a UGT-CCOO, desprezando aos que convocaran con eles a Folga en primeiro lugar. A unidade pola base … o xoves, ás 12:30 na praza de Portugal.

    Responder

Leave a Reply to Lorenzo