1 de Maio

image

Os partidos maioritarios están vendidos en maior ou menor grao ao gran capital, local e global, e os seus disfraces ideolóxicos xa non enganan a ninguén. Entre os seus principais intereses non está xa representar o pobo. A pésima lei electora relega a outros partidos a un carácter puramente testemuñal. O poder xudicial está tan limitado polas manobras dos partidos e dese gran capital que xa non garante nin tan sequera algunhas das liberdades fundamentais. As canles institucionais dun sistema ao que tras os últimos recortes xa non debemos nada non nos ofrecen ningunha protección. Por isto, os/as traballadores/as e o pobo en xeral estamos indefensos/as diante do poderoso inimigo financeiro global. A cidadanía xa se está a organizar por si mesma nas rúas contra os planes do capital e os seus gobernos: pero as organizacións sindicais de novo convocan manifestacións separadas para o 1 de Maio. Para a Rede do 15M da Coruña é un erro monumental a guerra de siglas na situación actual, porque divide as loitas e pon ós/as traballadores/as na obriga de decidir por motivos ideolóxicos. Os sindicatos teñen que asumir desde a unidade o papel que tradicionalmente lles corresponde como vangarda nesta loita e colaborar xuntos na articulación da defensa dos intereses da poboación, sobre todo tralo éxito da folga xeral do 29 de Marzo. A derrota dos plans do goberno esixen continuidade nas protestas. Chamámosvos a todos/as a participar nas actividades que DRY e a Rede 15M de Barrios e Vilas ten convocadas con ese fin: manifestación o 12 de Maio enmarcada nunha xornada de loita mundial, que sairá da Palloza ás 17:30, baixo o lema “POR UNHA SAÍDA SOCIAL Á CRISE” e asemblea popular o 15 de Maio no Obelisco ás 20:00, para organizar entre todos/as a defensa do pobo fronte ós ataques do goberno e o poder financeiro.

Next post »

Leave a Reply