Comunicado manifestación 19 de Xullo

Os sindicatos convocan conxuntamente o 19 de Xullo protestas contra os recortes anunciados polo goberno. A unidade nas loitas foi a reclamación principal que o 15M e o resto da cidadanía (así como a maioría das súas propias bases) lles fixo sempre a estas organizacións, fundamentais na defensa dos dereitos das personas traballadoras.
Seguimos a considerar que as protestas deben xurdir da xente e nas rúas, nos centros de estudio e de traballo, das bases dos sindicatos, e non de cúpulas directivas burocratizadas. Pero, con todo, dende a Rede de Barrios do 15M aplaudimos esta decisión de acudir xuntos a xornada do 19, e agardamos que sexa un punto de inflexión na organización da loita contra o expolio que o goberno de España e os poderes financieiros están a desatar sobre o pobo. Chamamos a toda a cidadanía a participar na manifestación que terá lugar o 19 de Xullo baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen” ás 20:00 con saída da Praza da Palloza.

« Previous post

Leave a Reply