Por unha saida social da crise

A convocatoria do 25 de “ocupa o parlamento” puxo no centro a exixencia “Goberno Dimision”. Desde o 15m vimos decindo que “o problema non son as persoas, é o sistema”,… capitalista, e que non collen alternativas electorais nos marcos do sistema. Por iso, desde a Rede de Barrios e Vilas da Coruña do 15M temos a proposta dunha “saída social da crise”, desenvolvida nos 8 puntos aprobados na asemblea popular do 22 de maio do 2011.

As politicas da Xunta e os gobernos respostan aos obxectivos que desde Bruxelas e o BCE teñen para descargar os efectos da crise sobre a clase traballadora europea, sexa alema, francesa, grega, portuguesa, española ou galega, e que estan sendo contestados en toda Europea. O 26 S os gregos foron á Folga Xeral, a pobaocion traballadora portuguesa leva dias saíndo á rua,… Somos millons de traballadores/as, de cidadans europeos, os que rexeitamos estas politicas, para cando unha folga xeral europea?

Para enfrentar os recortes e axustes non chega un simple recambio nas institucions, que desde a monarquia estan implicadas na corrupcion, nos recortes e os axustes, na involucion democrática ou na recentralizacion do Estado. A crise non só é economica, é politica e social, e isto supon exixir a convocatoria duna Asemblea Constituínte na que o pobo teña posibilidade de decidir sobre o seu futuro.

A Rede de Barrios e Vilas do 15M non fia en promesas que nunca se cumplen, senon na autoorganizacion da clase traballadora e o pobo a través das asembleas populares de barrio, centro de traballo ou estudo, côa exixencia da derrogacion de todas as medidas adoptadas polo PPSOE desde o comezo da crise. A partir delo sera posible loitar porque a crise a pague quen a criou, os capitalistas.

Pola experiencia cos gobernos de ZP, da Xunta Bipartida (PSOE-BNG) ou da Xunta de Andalucia (PSOE-IU), só colle umha alternativa, a mobilizacion social unitaria, como camiño para garantir de que os planes son o servizo da poboacion traballadora e o pobo.

Goberne quen goberne, derrogacion das medidas de recorte e axuste

Por un plan de loita ate acabar co goberno do PP que inclúa a Folga Xeral

Unidade contra os plans dos gobernos e a Union Europea

Leave a Reply