Permiso para realizar mercado de troco na Praza das Conchiñas

Estamos tendo dificultades burocraticas para realizar o mercado de troco na Praza das Conchiñas.

Fixemos unha solicitude para facer o troco, que a tivemos que facer nese formato, no lugar de pedila como “Solicitude de licenza de reserva de espazo temporal de vía pública” porque esta, a pesar de ser a axeitada, negáronse a recollela na oficina de rexistro alegando que había que pagar primeiro as tasas, a pesar de que segundo a ordenanza correspondente: No están sujetas al pago aquellas reservas de carácter temporal del artículo 2 c) en las que la Resolución por la que se concede la autorización declare que la actividad seconsidera de interés público.

Por iso decidimos realizar unha reclamación, que tamén vos mostramos

Leave a Reply