Asemblea 15M

Para celebrar o aniversario do 15M imos facer unha asemblea no Obelisco ás 20:00. O tema da asemblea vai ser: Como respostar ós ataquesdo goberno e do poder financieiro. Poden participar todalas persoas que se acheguen a falar deste tema.

Manifestación 12M

Imos cumprir un ano e como parte da mobilización mundial continuaremos a loita o 12 de Maio ás 17:30 dende a Praza da Palloza.

 

1 de Maio

image

Os partidos maioritarios están vendidos en maior ou menor grao ao gran capital, local e global, e os seus disfraces ideolóxicos xa non enganan a ninguén. Entre os seus principais intereses non está xa representar o pobo. A pésima lei electora relega a outros partidos a un carácter puramente testemuñal. O poder xudicial está tan limitado polas manobras dos partidos e dese gran capital que xa non garante nin tan sequera algunhas das liberdades fundamentais. As canles institucionais dun sistema ao que tras os últimos recortes xa non debemos nada non nos ofrecen ningunha protección. Por isto, os/as traballadores/as e o pobo en xeral estamos indefensos/as diante do poderoso inimigo financeiro global. A cidadanía xa se está a organizar por si mesma nas rúas contra os planes do capital e os seus gobernos: pero as organizacións sindicais de novo convocan manifestacións separadas para o 1 de Maio. Para a Rede do 15M da Coruña é un erro monumental a guerra de siglas na situación actual, porque divide as loitas e pon ós/as traballadores/as na obriga de decidir por motivos ideolóxicos. Os sindicatos teñen que asumir desde a unidade o papel que tradicionalmente lles corresponde como vangarda nesta loita e colaborar xuntos na articulación da defensa dos intereses da poboación, sobre todo tralo éxito da folga xeral do 29 de Marzo. A derrota dos plans do goberno esixen continuidade nas protestas. Chamámosvos a todos/as a participar nas actividades que DRY e a Rede 15M de Barrios e Vilas ten convocadas con ese fin: manifestación o 12 de Maio enmarcada nunha xornada de loita mundial, que sairá da Palloza ás 17:30, baixo o lema “POR UNHA SAÍDA SOCIAL Á CRISE” e asemblea popular o 15 de Maio no Obelisco ás 20:00, para organizar entre todos/as a defensa do pobo fronte ós ataques do goberno e o poder financeiro.

Marcha en apoio aos traballadores da torre de Hércules

Este domingo, 22 de abril, marcha pola apertura da Torre de Hércules e en defensa dos seus traballadores e traballadoras.

Contra a política de recortes do concello da Coruña.

Hora e percorrido: ás 5 da tarde dende a rotonda de Breogán, ó pé da Torre, até María Pita.

Acudiremos en apoio dos traballadores da Torre de Hércules, pola subrogación dos seus contratos e pola reapertura do monumento, pechado actualmente coa excusa dunhas obras que o Concello non detalla, que non se están a levar a cabo e que non son senón a excusa para encubrir unha chafallada que ocasiona o despido de 13 traballadores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Rede de Asembleas súmase a folga xeral do día 29

A Rede de Asembleas da Coruña se suma á convocatoria dos sindicatos cara á folga do día 29 contra a reforma laboral do PP, que ademáis enmarcamos no ataque neoliberal que está a sufri-la sociedade.

A folga de producción segue a se-lo mellor instrumento de loita dos traballadores, e considerámola fundamental para o comezo da organización da resposta sostida da sociedade contra o neoliberalismo, que contamina un sistema ó que de feito, pouco lle debemos xa trala reforma constitucional pactada a traición polos dous partidos maioritarios, que básicamente entrega o país ás forzas do capital nacional e global, tralos recortes nos servicios públicos á vez que continúan as políticas que favorecen ás grandes fortunas, medidas todas que veñen ordenadas por eses cada vez menos misteriosos “mercados” e trala manifesta inoperancia dun sistema xudicial intervenido polos partidos e o gran capital, que non ofrece garantía algunha ós cidadáns de defensa en cuestións fundamentais de funcionamento democrático e defensa de dereitos básicos.

Tamén se debe considera-lo aspecto da folga de consumo, o outro pilar do sistema productivo; e o verdadeiramente clave, porque a espiral de sobreconsumo é o que realmente mantén o sistema en marcha, e é hoxe por hoxe case a única actividade na que podemos exercer realmente as mínimas liberdades que conservamos. Unha caída do consumo o día 29 sería, ó igual que a caída da producción, un golpe directo ós intereses do capital.

 

Chamamos a todos os traballadores/as a participar na folga, para que sexa unha protesta da xente, fóra de siglas

Chamamos aos parados/as a que ese día se incorporen aos piquetes e a manifestación, porque eles/as son os principais damnificados dunha reforma que pecha as portas á creación de emprego.

Chamamos aos/as estudantes, aos mozos, a participar na folga e aos piquetes porque este goberno condena á mocidade a non ter nin futuro? nin presente.

Chamamos aos xubilados/as e pensionistas a que ese día saian cos folguistas á rúa porque este goberno, como en Grecia, seguirá roubando as xa miserables pensións.

 

Chamamos aos pequenos/as comerciantes a sumarse á folga dos traballadores, porque o goberno dos banqueiros e a Lei de liberdade de horarios comerciais empúxanlles á ruína.

A necesaria unidade da clase traballadora e o pobo contra as políticas de Reforma Laboral, Recortes Sociais e Privatizacións do goberno non ten a súa contrapartida desde as organizacións sindicais, que, desgraciadamente, convocan manifestacións diferentes. Para a Rede de Barrios e Vilas dá Coruña é un erro monumental a guerra de siglas,  pondo na obriga aos traballadores e traballadoras de ter que decidir por motivos ideolóxicos ou de siglas.

 

Acudimos á folga pola loita dos traballadores e non seguindo a ningún colectivo, senón ó seu lado. A mesaxe é simple: non á reforma laboral imposta polo capital. Estamos contra a utilización política por parte de certos sindicatos das reivindicacións dos traballadores, que crean unha división que somentes favorece ós obxectivos burocráticos desas organizacións e ós obxectivos políticos do goberno do PP, entregado a grandes rasgos ó poder financieiro global ó igual que o PSOE. É imprescindible que eses sindicatos se posicionen claramente do lado da clase traballadora, dos precarios, dos sin papeis e por suposto dos parados, abandonen os seus obxectivos secundarios de organización, e movilicen de maneira conxunta as súas forzas para o obxectivo concreto de derruba-la reforma laboral primeiro e avanzar despois na reconquista dos dereitos que están a ser eliminados co único criterio de mante-lo expolio á cidadanía que supón o sistema na súa forma actual.

A Rede de Asembleas do 15M da Coruña acude ás movilizacións do lado dos sindicatos minoritarios por identicarnos cos seus obxectivos nesta loita concreta e coa súa actuación asamblearia. Chamamos a toda a cidadanía da comarca a sumarse tamén á loita participando activamente na folga contra esta reforma laboral inaceptable, a adherirse os piquetes na súa labor informativa, e a participar con CGT e CUT na manifestación o día 29 de Marzo ás 12:30 con saída dende a Praza de Portugal.

 

Contra os neoliberais e por unha saída social á crise.

15M – Rede de Barrios e Vilas da Coruña

 

Para ver o evento en facebook fai click aquí

Manifestación 25 de Marzo “Pola unidade dos traballadores en loita”

O domingo 25 de Marzo haberá unha manifestación pola unidade dos traballadores en loita, contra a reforma laboral e en apoio aos traballadores da Torre de Hércules, que son un exemplo de loita e perseverancia. Convoca a Plataforma A Coruña en Loita na que estamos integrados.

Agardámovos a todxs ás 12 no Obelisco.

Para ver o evento en facebook  fai click aquí

 

 

 

 

Nin eternas coidadoras nin escravas do sistema

Có lema Nin eternas coidadoras nin escravas do sistema concentrarémonos este xoves 8 ás 20 na delegación do goberno.

A reforma laboral veñen a afectar gravemente a todas as persoas, e de xeito máis específico ás mulleres, xa que partimos dunha situación de desigualdade respecto dos homes, con maior temporalidade laboral, a maioría dos contratos a tempo parcial (cos conseguintes dereitos parciais), maior desemprego, maior número de despedimentos, cobramos un 22% menos que os homes de media polo mesmo traballo, e se están a facer graves recortes nos sectores públicos máis feminizados como a sanidade e a educación, sumando a isto ás tácticas de desprestixio e acoso aos servizos públicos.

Denunciamos ademais que o “novo” ideario dos políticos dos gobernos de Europa está a coincidir coa crueldade e inxustiza do sistema neoliberal e capitalista, que a súa vez ven a alimentar cada día máis ó sistema patriarcal e a garantir os intereses dos poderosos: bancos, Igrexa, grandes empresas…

Nós, traballadoras todas, con ou sen emprego, migrantes e autóctonas, coidadoras e con dereito a ser coidadas, xóvenes e anciás, diversas rexeitamos este sistema que se alimenta da explotación dos seres humanos, e da natureza, que aposta pola morte para xenerar beneficios económicos para unha minoría da poboación, e reivindicamos un cambio de rumbo radical, no que a vida, o benestar e a igualdade sexan o centro de tódalas decisións políticas. reivindicamos que o noso corpo é noso e temos dereito a vivilo como nos pete; somos nos as únicas soberanas para tomar decisións sobre o mesmo, para decidir sobre a nosa maternidade e contar con apoios necesarios para exercela ou non. Así as políticas públicas teñen a obriga de acompañar a toma de decisións de cada muller e non a ideoloxías relixiosas concretas.

A nosa aposta, a aposta feminista para toda a humanidade é radical, e non pode ser doutro xeito, porque radical e ir a ráiz dos problemas, e iso pasa por construír un cambio cultural, económico e social no que o primordial sexan a vida o benestar, a a liberdade e igualdade de tódalas persoas.

 E lembrade que o domingo 11, ás 12:00h,  vémonos todas na manifestación nacional en Compostela. Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!

NIN ETERNAS COIDADORAS, NIN ESCRAVAS DO SISTEMA!

VIVA A LOITA DAS MULLERES! VIVA A LOITA FEMINISTA!

 

I Mercado de Troco en Cambre

Este domingo comezamos un xeito de traballar por un cambio social dende a base coa intencion de levalo a cabo o 3º domingo de cada mes

Concentración cos traballadores de Navantia

O xoves día 9 chegan os traballadores de Navantia andando dende Ferrol. Quedamos para reunirnos en Casablanca de Eiris ás 09:45. Ás 10:45 chegaremos á delegación do goberno para facer unha concentración.

Solidaridade cos traballadores en loita!

Acción da Plataforma pola Mobilidade

O mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade, da que formamos parte vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.

Repartirémonos por distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información.

Ás 20:00 haberá una concentración na Plz de Pontevedra que finalizará coa lectura dun manifesto.

Para visitar a páxina da Plataforma pola Mobilidade fai click aquí