O noso proxecto das Hortas están sendo silenciado pola prensa e non hai maneira de que o Concello nos reciba.
Levamos días intentando que nos den unha cita para poder expoñelo e ou nos din que non poden recibirnos ou nos colgan o teléfono… Ademais os medios non están a publicar nin unha soa das notas de prensa que levamos enviadas a diario.
Hai que tomar decisións URXENTES sobre medidas de presión. Sería importante que todxs nos poidéramos reunir mañán MARTES ás 20:00h. en Própolis (prolongación da rúa Barcelona, 115, soto). Por favor, debemos implicarnos o máximo posible.
Espero que nos poidamos ver todxs mañán!

 

 

Leave a Reply