Mañá 28 de setembro ás 19h en María Pita un grupo aberto de mulleres feministas da Coruña organizamos un roteiro reivindicativo ata o Obelisco no Día Internacional pola Despenalización do Aborto, que rematará ás 20 h no Obelisco coa concentración da plataforma Decidir fainos libres.

Nós somos nosas, soberanas do noso corpo e as únicas capacitadas para decidír sobre os nosos dereitos sexuais e reprodutivos. Tentar arrebatar esa soberanía é un xeito de violencia que non consentiremos!!

Por iso, convocamos a todas as persoas que tamén sintan que esta lei é unha agresión de cara aos corpos e sexualidades, sexa cal sexa a súa idade, xénero ou condición sexual, a vir connosco este venres 28 de setembro ao roteiro que terá o seu inicio ás 7 da tarde na Praza de María Pita e no que avanzaremos, facendo moito ruído e, porque non, moita festa, ata o Obelisco, no que nos sumaremos á concentración que terá lugar alí ás 8 da tarde, convocada por Plataforma Galega en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos «Decidir fainos libres», na que se pedirá que se deteña esa brutal, humillante e agresiva reforma.

Agardamos por vós este venres ás 7 na plaza de María Pita!
Trae o teu propio instrumento e disfraz!
Sí á vida! Sí ao aborto! Institucións fóra dos nosos corpos!

 

 

 

Leave a Reply