Introdución

O Mercado do Troco, no que para nada empregan cartos, vénse realizando case todos os segundos sábados de mes no cruce da Rúa Corcubión con Barcelona, tendo un gran éxito e aceptación polos veciños.

Para a súa realización estabamos pedindo un permiso de concentración ata que nunha ocasión nolo denegaron facendo mención a que se estaba a realizar un uso do espazo, o cal era competencia do concello. Tras a información intentamos solicitalo, atopando unha gran falla de información. A pesar diso e tras un levantamento do Troco, en Maio, por parte da policía, no que houbo identificacións, como se de delincuentes nos tratáramos, buscamos as normativas correspondentes e fixemos a solicitude para o mes de xuño e seguintes, da cal non tivemos noticia, pero que nos levou a realizar os trocos tendo cando menos un papel na man.

 

Feitos

O día 5 de setembro, cando nos achegamos ao concello a darlle entrada á petición de espazo para a realización do Troco de dito mes, négasenos a recollida da mesma argumentando que hai que pagar unhas tasas. O día 6 acudimos ao rexistro do Ágora onde se nos dá unha resposta similar. Indignados, regresamos ao día seguinte ao mesmo lugar, onde os funcionarios alí presentes, non só se negaron de novo a recoller a solicitude de ocupación da vía pública, debidamente cumplimentada, senón que cando argumentamos que segundo a normativa as actividades consideradas de interés público estaban exentas do pago de tasas, o funcionario alí presente entrou en apreciacións persoais e subxectivas alegando que nós sacabamos proveito de dita actividade.

O día 2 de outubro, acudimos de novo ao rexistro do Ágora para solicitar o permiso pertinente para o Troco de outubro, que será o sábado 20 e negáronse de novo a darlle entrada a pesar de levar como anexo a explicación da actividade.

Así, en catro ocasións, funcionarios municipais, que se deberían encargar de darlle entrada ás solicitudes que alí se presenten, adicáronse a valorar as mesmas e a negarse a que chegasen ao organismo correspondente.

 

Explicación legal

A ordenanza que regula as tasas para actividades na vía pública é a Ordenanza Fiscal Nº 25 “Reguladora de la tasa por entrada de vehículos desde la vía pública a los edificios, locales y solares y de las reservas de vía pública para aparcamiento, carga, descarga y otras actividades sin interés particular”

Segundo dita normativa “No están sujetas al pago aquellas reservas de carácter temporal del artículo 2 c) en las que la Resolución por la que se concede la autorización declare que la actividad se

considera de interés público”

 

Conclusions

En plena crise económica, darlles aos ciudadáns un espazo (ainda que sexa na rúa) e a posibilidade de que intercambien os seus obxectos é unha cuestión de sentido común máis que un capricho. O troco favorece a redución de residuos, fomenta o consumo responsable, a solidariedade, o espíritu de colaboración e as relacións veciñais. Cremos que estes motivos son máis que suficientes para que o Concello, non só non nos poña impedimentos, senón que fomente este tipo de iniciativas facilitando incluso locais para que, durante o invierno, se poidan seguir levando a cabo.

 

 

 

Leave a Reply