Proxecto

de

Hortas Urbanas da Agra

Introdución

Este proxecto xurde do grupo 15M da Agra do Orzán.

Desde hai anos en distintas cidades do mundo -Londres, Nova York, A Habana, Barcelona, Madrid, México, etc- veñen existindo hortas urbanas, moitas delas de propiedade municipal, cada vez máis consolidadas no ámbito cidadán, polos seus éxitos participativos, ambientais, educativos, produtivos e económicos.

Tamén as cidades próximas de Santiago de Compostela -barrios de San Pedro e de Conxo- e de Lugo -Río Rato- manteñen as súas hortas urbanas municipais desde hai tempo cun grande seguimento popular.

Concello de Culleredo http://www.fundacion-biodiversidad.es/desarrollo-rural/formacion-rural/buscador-desarrollo/113731

Santiago de Compostela http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=8159

Concello de Lugo http://hortosdelugo.blogspot.nl/

Asociación Galega de Horticultura Urbana http://hortaurbana.info/

Por que esta ubicación?

A cidade da Coruña aínda carece a nivel municipal destes actualísimos espazos de relación social, naturais e produtivos.

A zona proposta neste proxecto de “Hortas Urbanas da Agra” é idónea para a agricultura, ten unha elevada densidade de poboación circundante, conta con auga propia e é relativamente céntrica na cidade. Ademais de non dispor de zonas verdes, a Agra está interconectada con todos os barrios da cidade mediante o transporte urbano, é un terreo desaproveitado, ademais de estar arrodeado doutros barrios con alta densidade de poboación como: Ventorrillo, Labañou, os Mallos, os Rosais, Sagrada Familia, San Pedro de Visma.

http://www.acidadedosbarrios.org/

Como financialo?

O orzamento do Concello da Coruña conta cunha partida específica, paro o presnte exercicio 2012, de 180.000 euros en concepto de “huertas de ocio

Temos que lembrar que se debería ter presente que a zona da Agra do Orzán conta cun Plan Urban” de 11 millóns de euros, con diñeiro aínda sen gastar.

Entre os obxectivos e consideracións do “Plan Urban” da Agra aparecen os seguintes, estreitamente relacionados cun proxecto como o das “Hortas Urbanas da Agra” que apresentamos:

-Diversificar e desenvolver a actividade económica.

-Promover a cultura de proximidade.

-Favorecer o uso de espazos como lugar de encontro, contribuíndo a dar cohesión e integración social.

-Evitar a degradación urbana e mellorar a o medioambiente urbano.

-Establecer outros modelos de consumo.

-Desenvolver o espírito emprendedor.

Até o momento, ningún dos obxectivos anteriormente expostos, vense reflectidos no noso barrio. http://www.coruna.es/urban

Por que solicitamos a implicación do Concello?

Citando a opinión que manifestaba hai uns días o Premio Nobel de Economía Paul Kurgman, que perante a falta presente de investimentos privados, deberían ser os gobernos os que adopten políticas expansivas e de criación de emprego. E mellor desenvolver este tipo de proxectos que asfaltar unha e outra vez as mesmas rúas.

Cales son os obxectivos do Proxecto?

 Os obxectivos das “Hortas Urbanas da Agra”:

-Mellorar a relación humana entre os habitantes da cidade, das diversas xeracións e procedencias.

-Realizar unha actividade física saudábel e recomendábel para todas as idades en contacto coa natureza.

-Desenvolver unha actividade produtiva e sustentábel, xerando alimentos dunha maneira ecolóxica e cos mínimos custos enerxéticos e de transporte.

-Facilitar o consumo posterior de alimentos frescos, sans e ecolóxicos.

-Mellorar as condicións de vida e económicas da poboación, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos e afectados pola crise, reducindo os seus gastos económicos de supermercado.

-Xerar incluso na mesma cidade recursos e emprego por medio da agricultura ecolóxica, coa venda dos excedentes e a criación dalgunha cooperativa agrícola.

Cal sería a zona de actuación?

As Hortas Urbanas da Agra estarían situadas no espazo comprendido entre o Parque Infantil dos Mariñeiros, o Centro Ágora, a Terceira Ronda e barrio de San Pedro de Visma, en terreos de propiedade municipal ou en privados através do banco de terras.

Trátase dun espazo cunhas condicións edafolóxicas excelentes para a agricultura, como denota o uso agrícola persistente que tivo desde tempo inmemoral.

Tamén conta con recursos hídricos propios, situados na parte máis alta da zona: arqueta da antiga traída de auga da cidade. A situación desta fonte, con augas de coñecida calidade, evita no futuro rego o gasto de auga da traída actual e calquer gasto en electricidade para a súa elevación. Alén diso, existen diversos pozos na súa contorna.

Que obras e materiais serían necesarios?

-Espazo de hortas cerrado ao exterior cunhas vallas metálicas situadas nunha base de cemento e cunha ou varias portas metálicas para o acceso.

-Construción de regos e de alxibes.

-Casetas de madeira para guardar ferramentas e sementes, e que sirvan de vestiarios.

-Colocación de varios composteiros.

-Ferramentas e fornecemento de sementes.

-Marcos de madeira que sinalen os lindeiros de cada horta, de 30 a 40 m2.

Fonte dos Romanos

Cal sería o protocolo de actuación?

-Se nalgunha parte se utilizan terras de propiedade privada pedir a colaboración da Consellería de Agricultura da Xunta através do seu Banco de Terras.http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/infraestructuras/bantegal/

-Elaboración dun baremo para solicitar unha parcela, baixo o compromiso de traballala, tendo en conta a proximidade da vivenda e as circunstancias económicas e de desemprego do interesado/a.

-Anuncio da convocatoria de solicitude por un ano.

-Publicación dunha listaxe ordenada co nome das persoas ás que se lle adxudicou o uso anual dunha horta, determinándoa, e deixando tamén unha listaxe para posíbeis substitucións.

-Asesoramento de veciños/as con experiencia agrícola ou celebración dalgúns cursiños.

-Organización de dúas mostras-feiras anuais dos produtos obtidos na explanada do Parque dos Mariñeiros.

Leave a Reply