Mercado de troco 8 de septiembre de 11:30 a 13:30

 

Voltamos con noso mercadiño de troco, o segundo sábado de casa mes de 11:30 a 13:30 na esquina da R/ Barcelona coa R/ Corcubión.

Agardamosvos a todxs!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concentración antitaurina sábado 4 de agosto a las 19:00 en Mª Pita

 

Este sábado a las 19:00 en Mª Pita, coincidiendo con al feria taurina de este fin de semana, habrá una concentración ANTITAURINA convocada por la plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, formada por 24 organizaciones nacionales y extranjeras.

 

Este espectáculo de crueldad está financiado con dinero municipal, en total en los dos últimos años alrededor de 128.000 euros, y este año las ayudas son indirectas, e incluyen la prestación de espacios públicos y municipales a una empresa privada, que el Ayuntamiento se haga cargo de la preparación del recinto, tasas municipales que no se cobran al empresario, la cesión de la taquilla de la plaza de Ourense para vender las entradas, el aparcamiento del Coliseo para los vehículos promocionales y la banda municipal de música. Se calcula que todo eso podría sumar hasta 90.000 €.

 

 

Según los informes del IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos), en el año 2010 hubo, entre los 3 días, 4.505 asistentes a las corridas de toros en Coruña (poco más del 16% del aforo del Coliseum, 2.728 de los cuales acudieron con invitación en mano).

 

Porque la crueldad animal no es un espectáculo ni un arte, pero que en los tiempos en los que estamos dónde el 25% de la población española vive en la miseria, financiar con dinero de todxs este tipo de espectáculos nos resulta insultante e intolerable.

 

 

Manifestación contra os Eres, o paro a a precariedade

 

O sábado 28 de xullo ás 20:00 con saída da Prz Pontevedra a plataforma A Coruña en Loita organiza unha manifestación contra os Eres, suspensión de pagos e precariedade que afectan a varias empresas da Coruña e a comarca como Mafecco, Emesa Tefrileria, Alcoa, Industrias Caamaño, os traballadores a Torre de Hércules, Isidro da Cal.

Solidaridade cxs traballadorxs en loita!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

URXENTE: TROCO CANCELADO

Debido as persistentes choivas vémonos obrigadas a cancelar o troco senon todos os obxectos se nos mollarían e estropearían. É o que ten o verán en Galicia…

Mercadiño de Troco sábado 14 de xullo de 11:30 a 13:30

 

Como cada segundo sábado de mes teremos o mercadiño de troco no cruce de R/ Corcubión coa R/ Barcelona este sábado 14 de xuño entre as 11:30 e as 13:30.

Nesta ocasión se tedes libros vellos de texto dos vosos nenos que xa non sirvan, por favor, traelos o troco porque lles poden servir a outros nenos.

Suspenderase en caso de choivas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concentración en apoio a loita mineira

 

O mércores 11 de xullo ás 20:00 na Delegación do Goberno (Prz de Ourense) haberá unha concentración en apoio aos mineiros (coincidindo coa sua chegada a Madrid).

Porque son un exemplo de loita, de persistencia e de dignidade. Porque a súa loita é a nosa.

Agardámosvos a todxs!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

III Reunión do proxecto Hortas Urbanas na Agra

 

Hoxe día 10 ás 20:00 en Própolis (C/Barcelona Nº 115 , soto) teremos unha nova reunión que se presenta como a máis importante de todas.

Esperamos a máxima afluencia de xente porque hai moito que tratar e moi boas novas. Tanto traballo empeza a dar os seus frutos gracias a todxs vós!

O Concello ningunea e os medios de comunicación silencian

Membros do colectivo de “Hortas Urbanas da Agra” tentaron o día  28 de xuño, poñérse en contacto ao longo da mañá coa Alcaldía da cidade da Coruña e co concelleiro de Medio Ambiente, Sr. Enrique Luis de Salvador Sánchez, para concertaren dúas entrevistas e podérenlles expór o proxecto de “Hortas Urbanas da Agra”, no que xa están inscritas mais de 50 familias de toda a cidade.

Aínda que se lles chamou repetidamente por teléfono ao longo da mañá, as secretarias do Sr. Alcalde e do Sr. Concelleiro de Medio Ambiente, deron constantemente “largas”, dicindo que non estaban nin que tampouco sabían cando voltarían, ou que estaban ocupados en reunións, para acabar asegurando que non estarían dispoñíbeis para recibir cidadáns os tres próximos meses.

O venres día 29 varios membros do colectivo acudiron en persona a Concellaría de Medioambiente, operación que repetiron hoxe mércores día 4 de Xullo. Siguen a darnos largas e seguimos sen unha cita para poder expor o proxecto.

Eis o pobre concepto de participación cidadá que parece que ten este goberno municipal, que non respeita coa súa actitude os dereitos da cidadanía e que non admite que fale con el un grupo de cidadáns e cidadás que lle queren facer unha proposta de interese xeral e ao servizo do pobo da Coruña. Con actuacións así non se está a respeitar ás mais de cincuenta familias que desexan que na Coruña haxa hortas urbanas municipais, como pasa desde hai anos noutras cidades e vilas.

É moi deprimente ver como algúns cargos públicos ningunean e tratan aos cidadáns como se fosen súbditos do Medievo, cando todo cargo público deberían saber que é un simples administrador, e non un monarca ou un propietario dunha nstitución.

Mas o grupo de cidadáns e cidadás das “Hortas Urbanas da Agra” continuaremos teimando ao Concello até que se respeite o noso dereito á participación cidadá e a ser escoitada a nosa proposta.

Lémbrese que a Concellaría de Medio Ambiente ten orzamentados 180.000 euros para a creación de “huertos de ocio” en 2012, como se pode comprobar na páxina web do Concello. E que irresponsabelmente poden ficar sen gastar. E lémbrese tamén que o bairro da Agra do Orzán conta cun “Plan Urban” con máis de 11 millóns de euros para o seu desenvolvemento social e económico, e aínda parte desa cantidade está sen gastar.

Por outro lado, convén manifestar unha vez máis que o movemento cidadán do 15-M é aberto e plural, mais non partidario. A proposta de “Hortas Urbanas da Agra” é unha iniciativa do grupo 15M da Agra máis  participan cidadáns e cidadás de todas as condicións, procedencias e ideoloxías, que pertencen ou non ao movemento cidadán do 15-M –a grande maioría non está nel-, e que nin depende nin quere depender de ningunha organización política ou sindical.

 

 

Reunión URXENTE de Hortas Urbanas Agra

O noso proxecto das Hortas están sendo silenciado pola prensa e non hai maneira de que o Concello nos reciba.
Levamos días intentando que nos den unha cita para poder expoñelo e ou nos din que non poden recibirnos ou nos colgan o teléfono… Ademais os medios non están a publicar nin unha soa das notas de prensa que levamos enviadas a diario.
Hai que tomar decisións URXENTES sobre medidas de presión. Sería importante que todxs nos poidéramos reunir mañán MARTES ás 20:00h. en Própolis (prolongación da rúa Barcelona, 115, soto). Por favor, debemos implicarnos o máximo posible.
Espero que nos poidamos ver todxs mañán!

 

 

Reunión de Hortas Urbanas na Agra

O próximo martes 19 de xuño ás 20:00 no Forum Própolis (na prolongación da c/Barcelona Nº 115 soto) teremos a primeira reunión informativa cos interesados en participar no proxecto.

Se coñecedes a alguén a quen lle poida interesar, trasladade esta información.