MOBILIZACIÓN MUNDIAL 12M
A LOITA CONTINÚA. COMO PARTE DA MOBILIZACIÓN MUNDIAL DO 12 DE MAIO, O #15M NA CORUÑA CONVOCA A MANIFESTACIÓN PORQUE HAI MOITAS RAZÓNS PARA VOLVER Á RÚA.
TOMA A RÚA CON NÓS. ÁS 17:30 DENDE A PRAZA DA PALLOZA.
MANIFESTO:
Marcha en defensa da Torre de Hércules
Boletíns mensuais – LE ou DESCARGA
Xa podes descargar ou ler o Boletín de abril que se presentou na Asemblea Popular do mesmo mes, o xoves día 12. Tamén tes tódolos anteriores.
No menú “Descargas”, sección BOLETÍNS os podes LER ou DESCARGAR. En galego ou en castelán.
Asemblea 12 de abril (non será o día 5)
A asemblea popular de abril vaise retrasar unha semana por coincidir o primeiro xoves deste mes cos festivos de semana santa.
Polo tanto, vémonos o XOVES DÍA 12, ás 7 e media da tarde, no Campo de Marte, diante da asociación de veciños.
Charla-debate: A VERDADE SOBRE OS RECORTES.
AQUÍ TES A CHARLA COMPLETA. Tamén tes un resumo na portada do boletín de abril (no menú “descargas”, sección “boletíns”).
Sé lo que hicisteis la última crisis.
FOLGA XERAL 29 DE MARZO!!!
A ASEMBLEA DE MONTEALTO RESPALDA A FOLGA XERAL DO 29M. SE PIDE QUE NON SE FAGAN PUBLICACIÓNS NIN COMENTARIOS DENDE AS 00:00 ata as 24:00 h (a excepción de información relevante sobre os piquetes informativos). GRAZAS E DESCULPADE AS MOLESTIAS.
MANIFÉSTATE CON NÓS. ÁS 12:30 DENDE A PRAZA DE PORTUGAL.
Manifestación domingo 25 de marzo

ESTE DOMINGO, DÍA 25 de marzo, MANIFESTACIÓN.
A CORUÑA EN LOITA
Camiñando contra o paro e os ERE!!
Saída do Obelisco ás 12 do mediodía.
Manifestación ata María Pita.
Os efectos da crise orixinaron na Coruña e área de influenza un regueiro de precariedade e paro nunca antes visto.
Desta situación non escapan nin os traballadores/as da empresa privada nin os que desenvolven o seu traballo na administración pública.
Non pasa un día que non pechen empresas, que non se leven adiante ERE ou que traballadores e traballadoras perdan o seu posto de traballo.
Pasado, Presente e Futuro do Cárcere Provincial
ESTE VENRES, DÍA 16 de marzo ás 19:30 horas, charla – debate sobre o Pasado, Presente e Futuro do Antigo Cárcere Provincial.
Organiza: o Instituto de Estudios Políticos e Sociais.
Participan: o escritor Manolo Rivas, o Colexio de Arquitectos, a Asociación Proxecto Cárcere e a Asemblea Popular 15-M de Monte Alto.
Lugar: Salón de Actos do Centro Cívico de Monte Alto – A Coruña.
O Centro de Estudios Políticos e Sociais organiza unha charla debate acerca do pasado, presente e futuro do edificio do antigo cárcere provincial. O debate terá lugar o 16 de Marzo ás 19:30 no Centro Cívico de Monte Alto, e nel participarán o Colexio de Arquitectos, Emilio Argiz e Manolo Rivas, así coma o colectivo Proxecto Cárcere e a Asemblea 15M de Monte Alto, grupos ambos que reivindican que a antiga prisión sexa un espacio autoxestionado aberto á xente para desenvolver actividades sociais, deportivas e artísticas, ademais de ser fundamental para unha verdadeira recuperación da memoria histórica da cidade.









