Archivo de julio de 2011

Manifestación 23 de xullo

O día 23 de xullo, coincidindo coa chegada a Madrid, tras un mes camiñando, da Marcha Popular Indignada, as Asembleas de Barrios e Vilas da Coruña convocan unha manifestación:

Lema : “Camiñando por unha saída social da crise”
Data: Sábado 23 de Xullo
Hora: A Asemblea de Monte Alto quedará ás 7 da tarde no Campo de Marte.
Lugar da manifestación: Ás 8 da tarde sairá da Praza de Ourense cara a Mª Pita.

O 23 de Xullo volvemos a tomar as rúas ¡¡¡¡AGARDÁMOSVOS!!!!

Asemblea temática 15 de xullo. Abusos da banca.

O día 15 de xullo celebrarémo-la primeira Asemblea Temática. Tratará dos Abusos da Banca. A poñente será María, asesora da Asociación ADICAE (Asociación para Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros), que nos explicará os motivos da situación financeira actual e dará algúns consellos ó respecto.

Asemblea Popular 7 de xullo

O xoves 7 de xullo, e de aquí en adiante os primeiros xoves de cada mes, terá lugar unha Asemblea Popular. Nesta, informarase á veciñanza do traballo realizado polos diferentes grupos de que forman a Asemblea de Monte Alto.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0