Archivo de septiembre de 2011

Contra a discriminación laboral na Europa “social”

(Grupo Laboral)

Amosamos públicamente o noso rexeitamento á intención do goberno español de esixir aos cidadáns de Romanía permiso de traballo para desenvolver actividades laborais no noso país. E fundamentamos dito rexeitamento nas seguintes cuestións:
- Trátase dunha excepción non xustificada ás normas da Unión Europea que permiten aos cidadáns traballar libremente nos 27 países membros do bloque.
- É incoherente co feito de que o comisario de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor, comentase que está convencido de que a restrinxir a libre circulación de traballadores en Europa non é a resposta a un desemprego elevado.
- Non entendemos como non todos os países integrantes da UE teñen os mesmos dereitos, e o que aínda peor, como pode ser que a aceptación da discriminación forme parte da adhesión. Rumanía uniuse á UE no 2007 e ten restricións temporais ao mercado de traballo en 10 países da Unión, os cales foron impostos como condición para a adhesión. Leer el resto de esta entrada »

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 24 mayo, 2017 — Visitas totales: 9,636 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0