Archivo de diciembre de 2011

Manifestación contra a violencia racista

Mañán xoves 29 de decembro, ás 8 da tarde haberá unha MANIFESTACIÓN contra a violencia racista exercida por algúns membros da policía local contra un mozo senegalés na rúa Real en plena tarde. Foi agredido físicamente con patadas e golpes na cabeza e despois foi detido.

Percorrido da manifestación: de Mª Pita ata Obelisco.

A asociación Sen papéis achéganos o seguinte MANIFESTO. Le o artigo completo para coñecelo.

Leer el resto de esta entrada »

Eventos 14 ó 21 de decembro

Esta semana temos catro eventos ós que vos convidamos a participar:

1.- Mércores día 14. Acto de protesta no Centro Cívico de Monte Alto, ás 7 da tarde, ante o silencio do concello ás demandas da cidadanía.

2.- Sábado 17. Mercado de troco de toda a rede do #15M de A Coruña. Terá lugar no Obelisco, dende as 12 do mediodía. Inclúe unha charla sobre “Consumo responsable” ás 6 da tarde.

3.- Luns 19. Charla temática do grupo de laboral da Asemblea de Monte Alto sobre como realizar un currículum vitae e como enfrontarse a unha entrevista de traballo. Será no Instituto de Zalaeta, ás 7 da tarde (resumo da charla se mira-lo resto do artigo).

4.- Mércores 21. Toma o banco central. Ás 7 e media da tarde, cunha cadea humana rodearémo-las sedes do Banco de España. Contra a corrupción política, pola transparencia nas contas públicas e a abolición da autonomía absoluta do banco de España. Que devolvan o roubado! Convocado en toda España; en A Coruña a sede está en Durán Loriga, 16 (Máis información se mira-lo resto do artigo e os enderezos das sedes de outras cidades).

Mira o resto do artigo para ve-la información completa e os carteis.

Leer el resto de esta entrada »

Estamos a actualiza-lo blog. Desculpade os erros.

NOVIDADES

  • Na entrada da asemblea de decembro, poderás ler unha interesante entrevista a Moncho Veras (SOS Sanidade ).
  • Na entrada da asemblea de novembro, poderás le-lo artigo sobre o resultado do sistema electoral (publicado no 3º Boletín)
  • Na sección “carteis“, dentro do menú “descargas”, temos os carteis das últimas asembleas populares.
  • Na sección “libros” dentro do menú “wiki”, tamén temos novidades.
© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0