Archivo de enero de 2012

Asemblea Popular 2 de febreiro


ESTE XOVES, DÍA 2 de febreiro, Asemblea Popular de Monte Alto, ás 7 e media da tarde, no Campo de Marte, diante da asociación de veciños.

Asemblea Popular e temática: BANCA ÉTICA.

Le o resto do artigo pois te-lo resumo da charla (publicado no boletín) e as novas publicadas no xornal La Voz de Galicia ás que nos referimos no mesmo boletín, no artigo “O 15M e os Medios de Comunicación“.

Leer el resto de esta entrada »

Stop Desafiuzamentos contra Bankia

Stop Desafiuzamentos A Coruña levou a cabo o martes 17 un novo acto público de protesta. Nesta ocasión tratouse dunha concentración contra a entidade Bankia (antiga Caixa Madrid) na Avenida Fernández Latorre, número 132. O motivo é que unha familia de Oleiros, cun préstamo hipotecario de 63.000 €, avalado coa vivenda da súa familia, taxada en 114.000 €, non puido facer fronte aos pagamentos da hipoteca, cando a cantidade debida era de 54.000 €.

Leer el resto de esta entrada »

Asemblea 12 de xaneiro (non será o día 5)

 

A primeira asemblea popular do 2012, vaise retrasar unha semana por coincidir o primeiro xoves de mes coa véspera de Reis.

Polo tanto, vémonos o XOVES  DÍA 12, ás 7 e media da tarde, no Campo de Marte, diante da asociación de veciños.

Asemblea Popular e temática: STOP Desafiuzamentos.

A PRAZA É NOSA. Quen constrúe a democracia?

Mañán mércores preséntase na Coruña o libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? (de Editora 2.0) con artigos de analistas e activistas do 15M. Feito en galego, por galegos e galegas, inclúe un artigo asinado por algunhas persoas da Asemblea Popular de Monte Alto.

Presentación: Mércores 4 de xaneiro, ás 8 da tarde na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)

Como presentación, un parágrafo do limiar escrito por Manuel M. Barreiro:

A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? naceu como proxecto editorial por iniciativa de Marcos Pérez Pena co obxectivo de contribuír a enriquecer o debate sobre o movemento cidadán nacido no 15-M e enlaza voces de analistas e activistas nun diálogo aberto, e aínda inconcluso, animado polo que Mario Benedetti chamou crítica cómplice, onde uns e outros comparten as preguntas fundamentais e, mesmo desde as diferenzas, procuran de xeito mancomunado respostas practicables para a construción dunha democracia comprometida co ben común e o logro solidario dunha vida digna de liberdade, xustiza e benestar para todos e todas

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,731 — Últimas 24 horas: 7 — Conectados: 0