A PRAZA É NOSA. Quen constrúe a democracia?

Mañán mércores preséntase na Coruña o libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? (de Editora 2.0) con artigos de analistas e activistas do 15M. Feito en galego, por galegos e galegas, inclúe un artigo asinado por algunhas persoas da Asemblea Popular de Monte Alto.

Presentación: Mércores 4 de xaneiro, ás 8 da tarde na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)

Como presentación, un parágrafo do limiar escrito por Manuel M. Barreiro:

A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? naceu como proxecto editorial por iniciativa de Marcos Pérez Pena co obxectivo de contribuír a enriquecer o debate sobre o movemento cidadán nacido no 15-M e enlaza voces de analistas e activistas nun diálogo aberto, e aínda inconcluso, animado polo que Mario Benedetti chamou crítica cómplice, onde uns e outros comparten as preguntas fundamentais e, mesmo desde as diferenzas, procuran de xeito mancomunado respostas practicables para a construción dunha democracia comprometida co ben común e o logro solidario dunha vida digna de liberdade, xustiza e benestar para todos e todas

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0