Manifestación domingo 25 de marzo


ESTE DOMINGO, DÍA 25 de marzo, MANIFESTACIÓN.

 

A CORUÑA EN LOITA

Camiñando contra o paro e os ERE!!

 

Saída do Obelisco ás 12 do mediodía.
Manifestación ata María Pita.

 

 

Os efectos da crise orixinaron na Coruña e área de influenza un regueiro de precariedade e paro nunca antes visto.

Desta situación non escapan nin os traballadores/as da empresa privada nin os que desenvolven o seu traballo na administración pública.

Non pasa un día que non pechen empresas, que non se leven adiante ERE ou que traballadores e traballadoras perdan o seu posto de traballo.


Esta situación, sen dúbida, irá a peor,  o mesmo goberno que acaba de lexislar unha nova reforma laboral, recoñece que o paro se incrementará en máis de 650.000 traballadores/as neste ano e as predicións feitas por eles mesmos non melloran as predicións para o año 2013, polo tanto non se fai para acabar co paro.

Na nosa contorna empresas do telemarqueting, do metal, de servizos… xa comenzaron a utilizar o despido rápido e barato que posibilita esa nova reforma laboral.

Os traballadores e traballadoras despedidas da Torre de Hércules xunto co grupo de laboral do 15M non nos resignamos a ver como se pechan empresas e se despiden traballadores/as dun xeito individualizado, sen o apoio social que a situación reclama. Entendemos que a resposta debe ser global, posto que o ataque pouco a pouco nos afectará a todos/as.

Por todo iso, constituímos a plataforma A Coruña en Loita, unha plataforma plural e unitaria que pretende aglutinar todas as loitas e na que te convidamos a participar.

 

Como primeira acción convocamos unha manifestación o vindeiro día 25 ás 12H. con saída do Obelisco e chegada no Concello á que quedas convocado/a.

 

A CORUÑA EN LOITA, CONTRA A REFORMA LABORAL E POLA FOLGA XERAL!!

A CORUÑA EN LOITA, CAMIÑANDO CONTRA O PARO E OS ERE!!

A SOLUCIÓN É O POBO, POLA EXPROPIACIÓN DA BANCA!!

A CRISE QUE A PAGUE O  CAPITAL!!

UNIFICACIÓN DE LOITAS, POLA UNIDADE DA CLASE OBREIRA CONTRA A CRISE!!

 

VISITA O NOSO BLOG

CONTACTA CON NÓS: coordinadoradeloitas@gmail.com

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,432 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0