MOBILIZACIÓN MUNDIAL 12M

A LOITA CONTINÚA. COMO PARTE DA MOBILIZACIÓN MUNDIAL DO 12 DE MAIO, O #15M NA CORUÑA CONVOCA A MANIFESTACIÓN PORQUE HAI MOITAS RAZÓNS PARA VOLVER Á RÚA.

TOMA A RÚA CON NÓS. ÁS 17:30 DENDE A PRAZA DA PALLOZA.

MANIFESTO:

 

 

Hoxe vai un ano que o pobo tomou ás rúas en toda España para amosa-lo seu anoxo e indignación, farto da dictadura do poder financieiro imposta polos mal chamados representantes políticos do PSOE e do PP, nun movemento cidadán inspirado nas revoltas gregas, na Primaveira Árabe do norte de África e que mais tarde cruzou o Atlántico e prendeu en EEUU.

Un inimigo global precisa dunha resposta global, e hoxe é un día de loita contra a guerra social que o capital desatou contra tódolos pobos do mundo, hoxe ten lugar a segunda manifestación a nivel mundial da historia da humanidade, secundada en ducias de países cun total de cidades convocantes de varios centos.

En Europa, esta guerra social toma forma neses “recortes” que estamos a sufrir, “recortes” que supoñen o desmantelamento do que mantiñamos do Estado do Benestar, e que darán en novas formas de negocio para bancos e grandes empresas en sectores que mantiñamos apartados das súas mans: a sanidade, a educación, as coberturas sociais que queren identificar con servicios de caridade. Esta crise do capital é o argumento que os políticos demagogos e vendidos ó poder financieiro utilizan para permitir que acaben con todo o que o pobo construíu tras décadas de esforzo.

Vemos como botan á xente dos seus fogares ó mesmo ritmo ao que medra o stock inmobiliario dos bancos, vemos coma os pensionistas teñen que pagar polos medicamentos, como quitan o dereito á sanidade a maiores de 26 anos que non cotizaron nunca nun país onde tal cousa non é posible ata case os 40, como suben as taxas universitarias para que somentes estudien os ricos, como suben os impostos da forma mais inxusta posible, como foron estafados os pequenos aforradores polas artimañas dos bancos, e como se salva con cartos públicos a eses mesmos bancos.

Vemos como se instaura a escravitude por medio dunha reforma laboral que permite despedir por reducción de beneficios das empresas sen pérdidas, contémplanse casos de despidos por baixas xustificadas, facilítase a realización de contratos temporais… mais tamén se escraviza ás persoas dependentes e aos seus familiares minimizando as suas prestacións, dificúltase a axuda ás mulleres maltratadas para saír do seu inferno co peche de centros de internamento…

E incluso vemos como traicionan a que ata agora foi a intocable constitución, pervertíndoa para convertir en prioritaria o pago da deuda que non é dos españoles senón dos bancos.

Para xustificar cada ataque o sistema recurre ás medias verdades ou á mentira directamente, e cando esta non funciona, vemos incluso como se quere prohibi-la mera protesta nas rúas. Porque os nosos gobernantes queren acabar coas protestas impedindo exercer ese dereito en lugar de elimina-lo descontento. Deste xeito mentres amnistian a empresarios, banqueiros e policias torturadores as forzas do caos xa levan detidas a 32 persoas por axudar a organizar protestas pacíficas e incluso institucionais coma o 1 de Maio, ademais dos moitos feridos por agresións policiais.

Como nos imos defender nunha Europa onde os políticos ós que votamos non nos representan, onde os xuíces non se poden salvar nin eles mesmos das artimañas do réxime, onde os empresarios e os bancos queren escravos e non traballadores e as cúpulas sindicais están rendidas ante a patronal? Ten que ser dende abaixo: na rúa, no barrio, no centro de traballo, nos institutos e na universidade. O 15M fixo experimentos nesa dirección, na dirección da autoorganización sen líderes dende fora do sistema. Xa se evolucionou dende os primeiros momentos, nos cales as acampadas permitiron facer visible ata qué punto chegaba o descontento, e os medios se fixeran eco das protestas que tiñan lugar en toda España. Actualmente, superada esa etapa, as asembleas nos barrios son o eixo organizativo, e comeza unha colaboración entre os diferentes movementos sociais. Hai que reforzar esas asembleas populares para que adquiran a relevancia que deben ter, deben se-la verdadeira expresión da vontade do pobo. Ningunha decisión da loita sen pasar polas asembleas, non queremos líderes nin precisamos deles para nos organizar. A protesta deste día debe levar á reflexión e inmediatamente ó traballo conxunto nas asembleas populares para trasladar a loita global ó marco local e plantar cara ós bancos e ós políticos.

Cando nos digan “Quén vai ser o xefe?” ou nos pregunten “Quén vai dicir o que hai que facer?” poderemos contestar simplemente “Nós mesmos!”. Porque é o que cada día facemos. Porque somos os inmigrantes mantidos en réxime de ilegalidade para enriquecer aínda mais a algúns empresarios, os titulados universitarios e os obreiros cualificados que temos os coñecementos gracias á educación pública que agora queren botar abaixo. Somos os autónomos e os pequenos empresarios que de verdade creamo-los postos de traballo e somos obrigados a recaudar gratis os impostos que non van dirixidos ó ben común. Somos os pensionistas ós que lles recortan á prestación que lles corresponde tras décadas de traballo e que agora son acusados de vivir demasiado tempo. Somos as mulleres que compaxinan traballo, fogar e fillos e crean gratis o tecido social que nos sostén a todos. Somos os investigadores que acadan os logros que os de arriba nos revenden transformados en chilindradas inútiles.

Somos en suma os que sabemos face-lo traballo, os que queremos facelo, e os que non precisamos a ningunha casta de mediocres que nos dirixa.

Dentro deste sistema non hai saída. O noso obxetivo é crear unha sociedade xusta e igualitaria, e iso pasa inevitablemente por superar o capitalismo. Os 8 puntos aprobados en asemblea popular o 22 de maio na Coruña, unidos á idea de autoorganización da cidadanía fronte ó poder político que non nos representa e fronte ó sistema productivo no que non temos parte, son unha boa base para construír a alternativa, e respostar ó ataque que o poder financieiro global está a levar a cabo contra o modo de vida dos pobos de Europa e do mundo.

Chegou o momento de decidir entre o camiño doado e o correcto; debemos continuar organizándonos. Acudide ás asembleas dos barrios da Coruña. Debemos xuntarnos para vencer ó inimigo común.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,346 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0