Archivo de diciembre de 2012

Asemblea Popular de Xaneiro

 

O xoves 3 de xaneiro terá lugar a vindeira Asemblea pública do 15M de Monte Alto, ás 19:30 no Campo de Marte.


Nesta ocasión a Asemblea incluirá, como punto forte do día, unha charla-debate sobre as novas taxas xudiciais que supoñen, na práctica, que o acceso á xustiza só sexa posible para os ricos.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

 

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Comida de empresa no INEM de Orillamar

 

O vindeiro venres, 28 de decembro, ás 12 horas, convocamos unha “comida de empresa” na Oficina de desemprego de Orillamar (rúa Orillamar, número 78).

Posto que o Servizo Público de Emprego Estatal, a empresa que ofrece máis pagas en todo o Estado, non realiza unha cea de empresa entre o seu persoal, farémolo nós no seu lugar, con bocadillos e gaseosa. Ademais, repartiremos panfletos coa intención de conseguir máis voluntari@s para crear unha Asemblea de parados que se organice para loitar polos seus dereitos.

Luto en la sanidad pública

Hoy es un día de luto para la sanidad  Pública: la Asamblea de Madrid ha aprobado, con los votos del PP y la abstención de UPYD,  su plan  privatizador  de parte de sanidad  Pública madrileña.

Resulta  curioso que sea aprobado un modelo de  gestión que  es presentado como modelo de eficiencia, el mismo día en el que el hospital de Manises, en Valencia, presenta un déficit de 76 millones de euros con dicho tipo de gestión y en sólo tres años. Éste no es más que otro ejemplo del famoso modelo Alzira, hospital de la Ribera,  y a nivel internacional, no es más que una copia del modelo que en su día impuso Margaret Thatcher  en el Reino Unido, que ha llevado con los años a rescate de Hospitales, y dejar zonas  del país sin centros de Atención primaria, porque  no son rentables a las empresas del negocio de la sanidad.

Esto no es sólo un problema de comunidades como Madrid, Barcelona y Valencia, poco a poco se va extendiendo a todo el país, en Galicia, ya hay hospitales con financiación público-privada (nuevo Hospital de Vigo), y esta semana el Partido Popular ha rechazado en el Parlamento gallego la tramitación de una iniciativa legislativa popular apartidista para defender el carácter «público, universal e gratuito» del sistema de salud. A pesar de todas estas evidencias, y de que ningún estudio serio a nivel mundial ha demostrado  que la  gestión privada en materia de salud sea más eficiente que  la gestión pública, se empeñan en  desprestigiar a la sanidad Publica y sus profesionales, para consolidar un modelo ideológico y para llenar  los bolsillos de  las empresas  afines, mientras que  los pagadores seguimos siendo los ciudadanos, a costa de nuestro dinero y de lo que es peor de nuestra salud.

Por todo ello, hoy la sanidad está de luto, pero desde nuestra asamblea queremos dejar claro que  no nos rendimos y apoyamos a todos los profesionales de la salud que han estado, y que seguirán luchando  por lo que es  UNA SANIDA PUBLICA DE TODOS, PARA TODOS, DE CALIDAD, Y EFICIENTE.

Boicot Inditex

Dende o 15M de Monte Alto decidiouse levar a cabo un boicot ao grupo Inditex, polo menos ata que cese nas prácticas que posteriormente se describen e que consideramos que somentes lles dan proveito ós seus directivos a costa do traballo e o consumo do pobo.

 

Deséxase que dito boicot conte coa participación do maior número posible de movementos e colectivos sociais. Por iso, a reunión inicial, aberta a todos os grupos interesados en colaborar, para tratar de definir unha estratexia e os seus primeiros pasos, terá lugar o martes 18 de decembro ás 20 horas no Centro Social Gomes Gaioso (rúa Marconi, número 9, moi preto da rúa da Torre).

 

Estamos fart@s de que o Grupo INDITEX sexa considerado polos medios e os gobernos galego e español coma exemplo de triunfo e desenvolvemento empresarial, e consideramos que este logro se debe á explotación á que somete á súa forza de traballo e ós seus consumidores, non revertindo eses beneficios na sociedade á que dí favorecer ofrecendo supostamente emprego digno e productos asequibles e de calidade.

 

Queremos denunciar as pésimas condicións laborais ás que somete á súa plantilla en España e a reducción desta a pesares do aumento dos seus beneficios, á súa política de subcontratas con empresas que non cumplen as mínimas condicións laborais tanto en España coma noutros países fundamentalmente de Asia, Sudamérica e África, chegando a acumular centos de denuncias por escravizar a mulleres e nen@s nestes casos, e o mal uso das subvencións estatais que recibe, non adicadas á creación de emprego e productos de calidade senón a consolida-la súa posición no mercado mediante a explotación laboral a nivel global e ó fomento dun modelo de consumo totalmente irresponsable en tódolos aspectos.

Concentración por debate ILP Sanidade Pública

A Iniciativa Lexislativa Popular en apoio á mellora do sistema sanitario público e contra a súa privatización, promovida principalmente pola Plataforma SOS Sanidade Pública, na que colaboramos recollendo firmas, vaise debater mañán, martes día 18 de Decembro,  ás 10 da mañán.

Por ese motivo, levarase a cabo unha concentración diante do Parlamento Galego de apoio á mesma.

Asemblea Popular e Mercadiño de Troco

Agora que co Nadal nos instan máis que nunca a consumir, parecen boas datas para darlle unha volta á forma en que gastamos os nosos cartos, que alternativas de consumo existen e de que xeito afecta todo esto á sociedade na que vivimos.

 

Por todo esto vos convidamos a participar na asemblea popular que celebraremos hoxe no Campo de Marte (19.30h) centrada no consumo responsable e na que poderemos coñecer a experiencia de persoas da cooperativa Zocamiñoca, así como a acudir este sábado 15 ó mercadiño de troco que montaremos no Obelisco de 12h a 20h, con taller de xoguetes feitos de material reutilizado e a actuación do grupo de pandereteiras As Chivinhas.

 

Pantomima municipal

Hoxe pola mañán asistimos vari@s compañeir@s ao pleno do concello da Coruña, pois fóramos advertidos pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca de que se ían votar varias mocións relacionadas cos desafiuzamentos.

Compartimos e suscribimos o resumo que, dende Stop Desafiuzamentos, elaboraron, e que é o seguinte:

Hoy a la mañana hemos observado de nuevo un gran escándalo procedente del salón de plenos del Concello, hemos visto como ante la presentación de 3 mociones sobre el grave problema de los desahucios, el grupo municipal popular ha presentado, media hora antes una moción propia puramente nominativa y que quisieron utilizar y utilizaron como lavado de cara propio ante esta gravísima problemática social.

Nos hemos encontrado con la señora Rosa Gallego riéndose ante el debate, viendo su gran interés desarrollado en el tema. Por otro lado hemos visto unas grandes falacias saliendo de la boca de Miguel Lorenzo, ese señor del que cada vez una mayor parte de la base social coruñesa sabe de sus oscuros tejemanejes con entidades financieras que desahucias a ciudadanos que fueron atropellados por la grave situación económica. Por ello:

- Afirmamos que es una falacia el afirmar que los desahuciados tengan disponibilidad de los servicios jurídicos municipales.

- Negamos la libre disposición de fondos municipales por parte de los desahuciados como ayudas de emergencia, puesto que el señor Quintela solo las concede cuando es presionado con lo único que teme, que se saque a los medios y se dañe su imagen pública que tanto le interesa.

-El desconocimiento de la legislación por parte de los concejales del grupo popular asusta (su desconocimiento o su nula disposición a conocerlo), ya que afirman que no existen mecanismos de ayuda a las familias a nivel local, lo que nos hace plantearnos que no conocen ni la Lei de Servizos Sociais ni el propio funcionamiento de los Servicios Sociales municipales.

-Agradecemos al grupo popular que por fin se quite la careta y diga esas tonterías que dijo hoy, así sabemos cual es su punto de partida inicial.

- Reiteramos y seguiremos reiterando la necesidad y nuestra disposición a hablar con el grupo municipal popular siempre y cuando tenga, dicha reunión, una finalidad clara de trabajo.

Asemblea Popular do 13 de decembro

Asemblea Popular do mes de Decembro

O xoves 13 de novembro terá lugar a vindeira Asemblea pública.

Nesta ocasión a Asemblea incluirá, como punto forte do día, unha charla-debate sobre o consumo responsable, coa participación de persoas da cooperativa Zocamiñoca. Dita charla terá lugar nesta época posto que o Nadal é unha boa oportunidade para repensar o noso consumo, xa que durante este tempo a maquinaria consumista funciona a pleno rendemento, e facilmente podemos deixarnos levar por un consumo irreflexivo e despilfarrador que moitas das veces non atende as nosas necesidades básicas. De aí que os criterios éticos, ecolóxicos e sociais que aporta o consumo responsábel e transformador sirvan como unha guía indispensábel se queremos actuar conforme a principios de respecto polo ambiente, os dereitos humanos, o fortalecemento das economías locais, a agroecoloxía.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,890 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0