Asemblea Popular de Xaneiro

 

O xoves 3 de xaneiro terá lugar a vindeira Asemblea pública do 15M de Monte Alto, ás 19:30 no Campo de Marte.


Nesta ocasión a Asemblea incluirá, como punto forte do día, unha charla-debate sobre as novas taxas xudiciais que supoñen, na práctica, que o acceso á xustiza só sexa posible para os ricos.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

 

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,544 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0