Archivo de febrero de 2013

Mercadiño de troco posposto ao 2 de marzo

A pesar de que sempre organizamos os mercadiños de troco mensuais o último sábado de mes, nesta ocasión o que se debería celebrar o último sábado de febreiro, trasládase para o sábado 2 de marzo, para que non coincida co  23F – Non ó golpe de Estado financeiro. Será igualmente de 12 a 14 horas.

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

¡Traede cousas que xa non usedes e levade aquelas que vos interesen!

23F – Non ó golpe de Estado financeiro

Desde diversos colectivos cívicos e movementos sociais da cidade da Coruña decidimos convocar, o sábado 23 de Febreiro, una mobilización que se quere converter nunha “marea cidadá“ de indignación e protesta contra os recortes, a corrupción e o espolio programado do público.

A galopante corrupción, a conivencia dos poderes políticos coa presión dos mercados, a débeda ilexítima  criada polo propio sistema financeiro especulativo ou as brutais políticas de austeridade dirixidas contra as maiorías sociais son consecuencias dun sistema de organización económica e política, o neoliberalismo, que  goberna e nos  golpea, sen lexitimidade, desde os poderes  públicos que nos deberían defender.

O intento do desmantelamento do público, coa ofensiva contra a Sanidade e a Educación, o ataque  aos dereitos laborais e sociais, ao medio ambiente ou o desemprego son xa elementos cotiás na nosa cidade. Pero tamén o son as repostas cidadás. Loitas dignas como a dos traballadores e traballadoras do CHUAC  defendendo os seus postos de traballo pero tamén unha sanidade pública e universal, a defensa do mantemento do COF, os veciños de Durmideiras loitando na contra da especulación urbanística, a loita das veciñas e veciños de Monte Alto en defensa da nosa biblioteca e un longo etc. Todo isto debuxa un mapa, de resistencias ante as políticas austericidas da dereita cléptrocrata no poder na cidade, no país e no Estado.

Facemos, pois , un chamamento á confluencia de aqueles colectivos e cidadáns particulares que nos vemos violentamente afectados polas políticas de recortes e o saqueo programado do público, que se está a exercer dende o poder político institucional. E chamamos entón a tomar as rúas este  23F contra a corrupción, por unha saída social da crise, contra a débeda ilexítima, as políticas neoliberais e os recortes e, ó cabo, pola construción dunha cidade, dunha sociedade baseada nos dereitos socias, na igualdade e na xustiza social.

En defensa da democracia, a liberdade, e os dereitos sociais.

Non ao golpe de estado  financeiro.

Paremos o  réxime corrupto.

Non debemos, non pagamos.

Os boletíns do 2012 xa están dispoñibles

Facendo click na imaxe superior (que é unha parte da portada do primeiro dos nosos boletíns) ou na sección Descargas, en Boletíns, xa é posible descargar (ou ler online) todos os boletíns mensuais do ano 2012 (e os tres que fixéramos no 2011).

Accións de Stop Desafiuzamentos

Con motivo da convocatoria de movilizacións a nivel estatal por parte das distintas plataformas de afectados pola hipoteca , contra o xenocidio financeiro, sinalando aos responsabeis e esixindo a dación en pagamento retroactiva, alquiler social e stop desafiuzamentos xa, o colectivo de Stop Desahucios da Coruña convoca unha concentración para mañán, sábado 16 ás 12:30 na praza de Lugo. Tamén se aproveita para defende-la importancia da Iniciativa Lexislativa Popular admitida a trámite no Congreso.

Ademais, o luns 18 está previsto que se produza outro desafiuzamento na cidade: o de Aurelia, unha veciña que reside no número 9 da rúa Padre Feijoo.

Carnaval Indignado

Igual que fixemos o ano pasado, o vindeiro martes, 12 de febreiro, imos celebra-lo entroido tod@s xunt@s.

Imos ir disfrazados maioritariamente de mendigos que non sempre o foron, levando identificativos que indiquen cal era a nosa antiga profesión.

Ademais, cantaremos varias cancións reivindicativas relativas á actualidade política, compostas específicamente para estas datas.

Quedamos ás 17:00 na parte de arriba do Campo de Marte. Estades tod@s invitad@s a vir connosco.

A corrupción pagámola todas/os

Reflexionando: son unha traballadora, como moit@s “ERAN” en iste pais ( ata que iste goberno, quitou os ” privilexios a iste pobo de ter un TRABALLO digno, con unha remuneración + – digna, unha EDUCACIÓN + – aceptable, unha SANIDADE PÚBLICA + – boa) diríxome a quen leer me queira, a reflexión de como estamos a vivir a situación de iste pais o NOSO: tristura e a que sinto de vivir a situación que un puñado de DESGRACIAD@S levou a iste pobo, ca autorización do mesmo pobo, das administrcions que malgobernan, cas forzas do orden público, aporreando a quen PACIFICAMENTE esixe, que non lles rouben o que de iles é, as probisions que o pobo con moito traballo consegueu aportar, precisamente para iso para TER o que por DEREITO nos corresponde, suben todo, e iso quere decir exactamente TODOOOOOOO, non bou a desmenuzar o que toda a cidadanía sabe, istes PERSOAXES impresentables que campan o seu libre albedrio, por o NOSO PAIS como si da sua propia casa se tratase, RAPIÑANDO a onde chegan, ( e teñen as chaves de todas as portas) ditas probisions, como si fosen da sua propiedade, MENTINDO, REGALANDO os seus, o que a iles non LLES PERTENCE ( que si acaso foron “elexid@” para “administrar”, non APROPIARSE de ditas probisions), isto e SUBRREALISTA, si mo contan fai tan so ano e medio atrás, non daría crédito a ise “FUTURO” tan próximo( que estamos a vivir) e o mesmo tempo tan alonxado do BENESTAR que en iste pais existía ” FICTICO “, posiblemente, a istas alturas, fixo que era ficticio,!!! como é posible !!! que moit@s cidadans, segan a estar, CALAD@S, SENTAD@S, IMPASIBLES decindo “non hai nada que facer”, son eu un BICHO RARO???, as xentes non ven??? non queren ver??? teñen medo a ver??? NON LLES CHEGOU TODAVÍA??? que mais esperan que ocorra???, RECORDADE, QUE XUNT@S PODEMOS pero TOD@S, un so BERRO !!! BASTAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 24 mayo, 2017 — Visitas totales: 9,636 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0