Archivo de marzo de 2013

La semana de la “In-salud”

Comienza la Primavera y con ella han aflorado un ramillete de noticias sanitarias en todo el estado que demuestran que lo Público ha entrado ya en la UCI, y que sólo una intervención enérgica por parte de la ciudadanía y un compromiso político con la misma puede llevar un halo de esperanza en su recuperación.

 

Una de las noticias más impactantes, por absurda, ha sido la de que el Ministerio de Hacienda proponía como “castigo” a las comunidades autónomas que no cumplan con el déficit la perdida de de subvenciones empleadas en la formación de todo el personal implicado en trasplante. Esto no solo es absurdo por la ineficacia como medida disuasoria para un político, sino porque aun sin hablar de la rotura de la equidad en la asistencia sanitaria , del deterioro de la salud.., ponemos en riesgo un sistema que es tomado de ejemplo por la OMS, y eso si que afecta a la “marca España”, que tanto preocupa a estos gobernantes nuestros. La única explicación posible es que las cabezas pensantes que nos dirigen todo lo que esta basado en el esfuerzo y la solidaridad les da una cierta alergia.

 

 

Otra noticia es la novedosa forma de acabar con las listas de espera quirúrgicas , en Galicia se plantea la posibilidad de pagarlo uno mismo en la privada y ya se verá cuando y como se reembolsa .Mientras que en Cataluña, van mas allá, si “ayudas “ a la financiación del centro hospitalario pagándote tu intervención te saltas la lista de espera, como bien reflejan las últimas noticias sobre el hospital San Pau de Barcelona.

 

Hoy se ha llegado a un calendario vacúnal único en todo el estado Español, a priori algo coherente y demando por muchas sociedades científicas,pero como siempre ha sido una oportunidad fallida donde no se ha contado con el consenso de todas la comunidades, ni de la opinión de los expertos, siendo un calendario de mínimos, con algunas faltas como la vacuna del neumococo en grupos de riesgos y la edad en la aplicación de algunas de las mismas. Tampoco ha transcendido como va ser la estrategia para garantizar la mayor cobertura posible, tanto en la vacunación infantil, como en la edad adulta, tantas veces olvidada, por estar asociada en su mayor parte a la población inmigrante, a la que se le dificultado el acceso a la sanidad.

 

A nivel Europeo, también nos encontramos ejemplos de los estragos que el sistema llamado “neo-liberal” está produciendo en la salud de los ciudadanos. El diario británico The Telegraph pública como el Sistema nacional de salud Británico alega como único motivo para la no financiación de un tratamiento novedoso en el tratamiento del cáncer de mama el que es muy CARO, es decir, se anteponen motivos meramente económicos a los científicos y médicos, en temas fundamentales para la vida de sus ciudadanos.

 

Podríamos continuar con otros ejemplos, de aumento de precio de hasta el doble en algunos fármacos excluidos de la financiación, los estudios de nutrición en la población anciana e infantil a causa de los últimos recortes, la saturación en las urgencias, el déficit de personal, las deficiencias en las concesiones de la “externalización” de servicios como limpieza, cocina……., pero cómo dice el refrán “A buen entendedor pocas palabras bastan”.

Novo atraco á clase traballadora

Asemblea aberta: ¿como rematarías coa feria taurina?

 

Dende a “Mesa de Participación Cidadá” vos invitan a participar nesta asemblea aberta para recoller ideas, propostas e suxerencias contra a celebración de touradas na Coruña.

Entre todos e todas podemos rematar co uso dos nosos impostos para torturar animais.

Espéranvos o vindeiro 15 de Marzo, ás 19h no local da A.C. Alexandre Bóveda (rúa Olmos 16, 1º).

O 8 de marzo non é un día, é toda unha vida

O título deste texto procede da iniciativa dos grupos feministas da cidade de organizar actividades que leven as reivindicacións do feminismo máis aló da institucionalización dun día da Muller Traballadora. Para máis información, pódese visitar o blog do Observatorio Feminista de Saúde: http://feminismoesaude.blogaliza.org/

 

No actual momento de crise das institucións –nós defendemos que non é unha crise, que é o sistema– pódese observar unha tendencia preocupante a sacrificar todo tipo de avances sociais en pos de manter as xerarquías e as posicións de poder dunha minoría. Vémolo no eido do ensino, das relacións laborais, do dereito á sanidade, e vémolo tamén en ámbitos máis invisibilizados, como é a posición que ocupan as mulleres na sociedade.

 

Tradicionalmente as mulleres cargan coa responsabilidade do ámbito doméstico, e polo tanto de traballos considerados tradicionalmente non produtivos (os asociados ós coidados e ó ámbito do privado: traballo en casa, atención a menores, xente maior ou familiares dependentes, etc.). A figura da muller calada, sumisa, resignada, era e segue a ser considerada a garante da estabilidade familiar.

 

No momento álxido do Estado de Benestar leváronse a cabo medidas de conciliación que permitiron ás mulleres incorporarse ó mercado do traballo asalariado, no nome dunha suposta igualdade que non era outra cousa que someter a unha grande parte da poboación ás dinámicas produtivas capitalistas. As mulleres gañaban certa independencia económica a pesares de ser man de obra barata, pois os soldos non deixaron de ser máis altos para os homes. O que se nos vendeu coma o grande avance na igualdade non era máis que o paso de ser unha paria do sistema a ser unha cidadá de segunda.

 

A día de hoxe, a tala do Estado de Benestar a base de recortes no social está a eliminar esas mínimas medidas de conciliación familiar, devolvendo ás mulleres a unha situación de precariedade laboral e persoal. A sociedade, non nos enganemos, non deixa de ser machista, como podemos observar nun par de exemplos bastante sonados e próximos:

 

· Centro de Orientación Familiar (COF):

O SERGAS decide deixar baleira a praza de xinecoloxía do COF do Ventorrillo, o cal deixa a 152 mil mulleres de 32 municipios da Coruña con somentes 2 especialistas do COF de Orillamar para atender revisións xerais e atención primaria nesta especialidade, coas evidentes consecuencias de aumento da lista de espera (que xa era de 6 meses no Ventorrillo e 1 ano en Orillamar) e sobrecarga de traballo para o persoal sanitario. Precarízase entón un servizo que xa estaba excesivamente precarizado, sendo básico para a saúde das mulleres dun xeito integral (a nivel físico, educativo, preventivo, emocional…).

 

· Aurelia:

O caso de Aurelia Rey foi presentado mediaticamente coma un exemplo de abuso dunha lei inxusta (a dos Desafiuzamentos Express) sobre unha persoa de 85 anos, e non era para menos. Sen embargo, segundo imos revisando o caso podemos ir engadindo capas que clarifican esa inxustiza: observamos unha situación de acoso na que unha familia de grandes propietarios buscan aproveitar unhas leis feitas á súa medida para expulsar da súa vivenda a unha muller maior que pasou toda a súa vida traballando como costureira, que tivo que emigrar a Arxentina e Uruguai, que sobrevive cunha pensión non contributiva de arredor de 350 euros (todo o traballo que fixo durante a súa vida era “invisible”, pois ninguén considerou que debía contribuír por el), que se atopa por debaixo do limiar da pobreza, que aínda así vive soa e pola súa conta… Non deixa de ser sintomático que a solución que en todo momento esgrimiu Servizos Sociais fose a de mandarlle a unha residencia, incapacitala como persoa activa e autosuficiente, algo ó que ela mesma se nega con toda a súa forza: “Na miña vida goberno eu”, di sempre Aurelia.

 

Seguindo o exemplo de Aurelia, e aproveitando que o 8 de marzo se celebra o Día Internacional da Muller, é tan bó momento como calquera outro para afirmar a lexitimidade das mulleres para ser soberanas de sí mesmas e a necesidade que temos do feminismo para reimaxinar un mundo que se desfai ante os nosos ollos polos abusos do capitalismo patriarcal.

Porque a revolución será feminista ou non será.

Asemblea Popular do mes de marzo

 

Como cada 1º xoves de mes o día 7 faremos a asemblea popular no Campo de Marte ás 19:30. Posto que ao día seguinte é o Día da muller traballadora, a charla-debate tratará sobre a problemática da muller.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

As forzas da “orde” contra o noso mercadiño de troco

 

O sábado pasado, ao comezo do noso mercadiño de troco persoouse a policía municipal e nos ordenou recoller os artículos a trocar, baixo a ameaza de que senón os ían levar.

Queremos amosar a nosa indignación ante este feito, tras case dous anos facendoo sen problemas, e tendo conseguido un importante apoio entre os veciños e veciñas do barrio. Consideramos que esta actuación policial forma parte dunha campaña de acoso contra nós por parte do concello da Coruña, intensificada tra-lo noso apoio no último tempo aos veciños e veciñas de Durmideiras e, sobre todo, ao colectivo de Stop Desafiuzamentos.

Finalmente, queremos agradecer o apoio amosado polos veciños que se achegaron ao mercadiño.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,731 — Últimas 24 horas: 8 — Conectados: 0