Asemblea Popular do mes de maio

 

Como cada 1º xoves de mes o día 2 faremos a asemblea popular no Campo de Marte. Nesta ocasión comezamos co horario de verán, co cal terá lugar a partir das 20 horas.

Aproveitando que este mes será o 2º aniversario do movemento, a temática versará sobre a desobediencia civil, facendo especial fincapé no uso que fixemos da mesma nestes dous anos que levamos na rúa.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 septiembre, 2018 — Visitas totales: 10,974 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0