As mulleres parimos, as mulleres decidimos

Fai mais de 30 anos que o Movemento Feminista sacou esta consigna “ Anticonceptivos para non abortar, aborto libre para non morrer” e hoxe segue sendo necesaria por incrible que pareza.

 

Estase a preparar unha nova reforma da Lei de aborto, promovida polo actual ministro Alberto Ruiz-Gallardón, que será unha das máis regresivas desde que se promulgara a Lei Orgánica de 1985.

 

O ministro Gallardón quere que o aborto volva a clandestinidade e é algo que non imos consentir.

 

Non se pode consentir que os gobernos lexislen en función das súas propias crenzas éticas ou relixiosas, senón respectando os dereitos da saúde e capacidade de decisión das mulleres, sen que isto menoscabe un chisco as axudas cara á maternidade e a discapacidade. Algo que, polo visto nos recortes realizados ata este momento, impórtalle moi pouco a este Goberno que tanto se resga as vestiduras pola “defensa da vida”.

 

Ante a proposta do actual Goberno de modificar a Lei do Aborto e controlar aínda máis o corpo e vida das mulleres queremos manifestar o noso absoluto desacordo e denunciar a limitación de liberdade e vulneración dos dereitos das mulleres para a toma de decisións sobre a súa maternidade.

 

Facemos un chamamento a participar nas accións que se van realizar a favor do aborto libre e gratuíto.

!! AS MULLERES DECIDIMOS!!

!! NÓS PARIMOS NÓS DECIDIMOS!!

 

Próximas accións:

Pasarrúas feminista o venres 14 ás 19 horas desde María Pita

Manifestación en Santiago de Compostela o domingo 16 ás 17 horas

2 comentarios para “As mulleres parimos, as mulleres decidimos”

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,204 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0