Archivo de julio de 2013

Asemblea de agosto: pregón alternativo e teatro

 

Como cada primeiro xoves de mes, celebraremos a nosa Asemblea popular o 1 de agosto ás 20 horas no Campo de Marte.

Nesta ocasión, a Asemblea terá dous puntos fortes lúdico-reivindicativos (aproveitando que comezan as festas):

- Por un lado lerase, irónicamente, un pregón simulando que quen o da é un amigo do alcalde coa mesma ideoloxía e a quen se lle pediu que diga as cousas como as pensa de verdade.

- Por outro lado, haberá unha pequena obra teatral sobre falacias, na cal a “familia falaz” nos fará reflexionar sobre como as escoitamos a cotío e non sempre somos conscientes.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Mercadiño de troco

 

Como cada último sábado de mes, o día 27 organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Concentración hoxe na praza 15M (Obelisco)

 

 

 

A través das redes sociais soubemos dunha convocatoria para saír hoxe a todas as prazas do Estado a pedi-la dimisión do goberno e a convocatoria de eleccións. Este é o evento de facebook: evento.

No propio evento estatal aparece que na Coruña a convocatoria é ás 19 horas na praza do Obelisco (rebautizada como praza 15M tra-la acampada).

Scrache feminista

 

 

 

 

Scrache feminista, diante da sede do PP da Coruña (rúa Sánchez Bregua, 5-6), o luns 22 de xullo, ás 20 horas.

Cómete ao PP

 

 

 

 

Chourizada, e cacerolada, diante da sede do PP da Coruña (rúa Sánchez Bregua, 5-6), hoxe, xoves 18 de xullo, ás 20 horas.

 

Múltannos a nós para asustarte a ti

 

 

Na cidade da Coruña somos moitas as persoas e colectivos que por defendermos dereitos como o da liberdade de expresión, de manifestación, ou o dereito á saúde e educación pública e de calidade, á vivenda, etc., estamos a sufrir o aumento da intensidade na vixilancia policial e a criminalización durante as accións de protesta e actuacións comunitarias –chegando mesmo á prohibición-, acosadas/os por unha violenta presenza policial en moitas das protestas convocadas, así coma tendo que sufrir a práctica de identificacións “aleatorias” das persoas que participamos nas mobilizacións.

 

No caso de Stop Desafiuzamentos, recentemente a Subdelegación do Goberno iniciou a tramitación da apertura de expedientes sancionadores contra persoas que axudaron a frear o desafiuzamento de Aurelia Rey. Até o dagora son xa un total de 11 persoas as propostas para sanción por estes feitos.

 

A ninguén se lle escapa que, aliás do desgaste económico, o obxectivo fundamental das propostas de sanción por participar en protestas é disuadir á cidadanía para que non se mobilice, non vaia a ser que saia ben, como pasou co caso de Aurelia…

 

Por todo o anterior, convocouse unha concentración conxunta baixo o lema “MULTANNOS A NÓS PRA ASUSTARTE A TI”, para deste xeito poñer sobre a mesa a represión da solidariedade que estamos a sufrir tódolos colectivos e movementos sociais, así coma o obxectivo desmobilizador que teñen estes ataques. Dita acción reivindicativa terá lugar o vindeiro xoves 11 de xullo ás 20.00hrs. no Obelisco.

Asemblea de Xullo: debate sobre a xenofobia

 

 

Como cada 1º xoves de mes o día 4 faremos a asemblea popular no Campo de Marte.

A charla-debate nesta ocasión será sobre a xenofobia, e contaremos con persoas pertencentes á Asociación Sen Papeis que levan anos traballando man a man coas persoas migrantes, principais perxudicadas por eses prexuízos, en ocasións fomentados dende as propias institucións.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 24 mayo, 2017 — Visitas totales: 9,636 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0