Asemblea de Xullo: debate sobre a xenofobia

 

 

Como cada 1º xoves de mes o día 4 faremos a asemblea popular no Campo de Marte.

A charla-debate nesta ocasión será sobre a xenofobia, e contaremos con persoas pertencentes á Asociación Sen Papeis que levan anos traballando man a man coas persoas migrantes, principais perxudicadas por eses prexuízos, en ocasións fomentados dende as propias institucións.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

2 comentarios para “Asemblea de Xullo: debate sobre a xenofobia”

  • Verónica:

    ¿A qué hora es la Asamblea exactamente?

    • Comunicación:

      Respondemos con retraso, Verónica, perdoa.

      Resulta que a xente que comenta por vez primeira no blogue ten que pasar por un filtro anti-spam, por eso o teu comentario non se publicou ata hoxe (un día tarde, mágoa), que foi cando o vimos.

      En todo caso, as asembleas durante os meses de verán as facemos sempre ás 20h. A partires de Outubro-Novembro, como vai máis frío e faise noite moi rápido, preferimos adiantar un pouco a hora e facémolas ás 19.30h.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 12,589 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0