Archivo de septiembre de 2013

Asemblea de outubro: autoconsumo enerxético

Como cada 1º xoves de mes o 3 de outubro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

A charla-debate nesta ocasión será sobre o autoconsumo enerxético. Para iso contaremos coa presenza dun socio da cooperativa sen ánimo de lucro Som Energia (que ten como obxectivo principal funcionar como motor dun cambio de modelo enerxético cara un modelo sostible, transparente e democrático) e cunha persoa que ten unha empresa de renovables (T’UVENTO) e forma parte Cluster Galego do Autocosumo Enerxético (AGAEN). Dito cluster fai presión a nivel rexional para que antes do 1 de xaneiro do vindeiro ano, se cambien os principais artigos da proposta de Real Decreto de Autoconsumo, a cual reduce ao mínimo as posibilidades de independencia enerxética e sostenibilidade do sistema eléctrico nacional.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Mercadiño de troco de setembro

 

Como cada último sábado de mes, o día 28 organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Renda básica para toda a cidadanía

O vindeiro xoves, 26 de setembro, ás 19 horas, na Casa Tomada (Centro Social de Intervención Artística que se atopa na estación de ferrocarril da Coruña) haberá unha charla-debate, organizada por ATTAC A Coruña, sobre a renda básica para toda a cidadanía, unha aposta innovadora fronte á crise capitalista.

Esta charla-debate ten lugar tra-lo inicio a semana pasada, da Semana pola Renda Básica en toda a Unión Europea (ver esta ligazón para máis información: http://www.facebook.com/RentaBasicaUniversal. O  obxectivo desa iniciativa en favor da Renda Básica é lograr o millón de firmas precisas para que a Comisión Europea someta esta iniciativa a unha audiencia pública no Parlamento Europeo.

A día de hoxe 15 Estados miembros están participando xa nesta iniciativa. As firmas, tanto presenciais como por Internet, son válidas e vinculantes e deben cumplir unha cuota de mínimos en, polo menos, 7 dos países membros. Para máis información: http://basicincome2013.eu/ubi/es/

Todas as xornadas que se celebran neste marco pretenden concienciar do impacto da Renda Básica Incondicional como método de redistribución da riqueza e liberador do potencial da ciudadanía. Esta proposta garante a dignidade das persoas e unha sociedade máis xusta e igualitaria, puidéndose aplicar de diferentes maneiras.

Existen precedentes en diversos países, dende Canadá ata a India, con resultados positivos. Citando ao catedrático Francisco José Martínez, “La renta básica no es una utopía como piensa mucha gente. Pretende ser una propuesta política anti-crisis de cara a las próximas elecciones europeas”. É unha idea documentada e amplamente estudada (http://www.ub.edu/…/Cafe-Forum_Daniel_Raventos_5-5-08.pdf). Con esta iniciativa preténdese que, co estudo por parte da Unión Europea, oos políticos de cada Estado se sientan inducidos a apoiar los movementos nacionais pola renda básica.

Por iso é fundamental lograr o millón de firmas necesarias para chegar ao Parlamento Europeo. Éste é o sitio on-line para participar: http://basicincome2013.eu/ubi/es/firmar-la-iniciativa/

Marcha silenciosa polo dereito a decidir

A Plataforma galega polo dereito ao aborto convoca á Marcha silenciosa en protesta polas agresións do goberno ás mulleres o 25 de setembro ás 19h30 da Praza de Galiza ao Obelisco.

Para participar: podes unirte ao grupo que sairá da Praza de Galiza (piden que vaian vestidas de lilás e cunha mordaza negra na boca, e se irá en fila de unha con cartazes xa preparados). Tamén se pode acompañar á fila repartindo folletos. E sería así mesmo importante que houbese persoas no Obelisco a recibir a comitiva a iso das 20h.

Concentración por un ferrocarril público e social

A Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas considera unha vergoña que o concello desta cidade tente convencernos de que están preocupados pola mobilidade, cando todas as súas políticas son totalmente contrarias a calquera medio de transporte sostible (un exemplo disto foi a eliminación do carril bus existente na Coruña).

Considera, dita plataforma, que Negreira só está interesado no AVE e na desaparición da estación de mercadorías de San Diego, como manifestou por escrito. Consideran unha aberración que unha bisbarra con preto de 800.000 habitantes, cunha entrada de vehículos diarios, na cidade da Coruña, de máis de 150.000, non dispoña de servizo de tren de proximidades a pesar de que as infraestructuras xa existen e non habería que realizar grandes investimentos que si se destinan ao AVE.

Por todo iso e máis, convocan esta concentración o 21 de setembro ás 13:20 na Praza de María Pita.

Monte Pindo parque natural

 

A Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural fixo un escrito público (pódese ler aquí: http://www.montepindo.org/2013/09/comunicado-publico-da-comision-rectora.html) no cal, ademais de facer unha serie de reflexións e esixencias, comunica o seguinte:

- Convocamos un Roteiro reivindicativo de subida ao Monte Pindo o día sábado 28 de setembro de 2013, con saída simultánea ás 11:00 horas desde O Pindo (Carnota), Caldebarcos (Carnota) e O Fieiro (Mazaricos).

- Chamamos a toda a cidadanía galega e ás organizacións sociais a concurrir nunha gran Manifestación Nacional, propoñendo como data o domingo día 6 de outubro de 2013, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela, con obxecto de esixir un cambio radical na política forestal da Xunta de Galicia e no tratamento das problemáticas dos espazos naturais protexidos.

 
 
 
Vídeo do presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural, grabado durante as festas de Monte Alto, no que fala da situación vivida co lume e lembra os actos reivindicativos:
 

Chámanlle democracia e non o é

Tiveron que ser os Estados Unidos de América (EUA) quen, nun comunicado, notificara á cidadanía do Estado español que o “noso” goberno apoiaba a “intervención” capitaneada por Obama contra o estado Sirio. Demóstrase, unha vez máis, a veracidade dun dos berros máis escoitados nas manifestacións do #15M, a democracia non existe e, de momento, non se lle espera.

Pese a que figura na Carta Magna e nas proclamas que nos sinalan como un estado democrático de dereito a realidade demostra que:

  • O goberno do PP na súa deriva autoritaria xa non se molesta nin en gardar as formas. Sen nin tan sequera discutilo no Parlamento, métenos de cheo nunha conflagración bélica que polo seu carácter (é unha guerra imperialista decretada e fundamentada só no afán dos EUA de ampliar o seu poder na zona, sen tan sequera o aval da ONU, organismo que demostrou unha vez máis a súa inutilidade) e polas vidas que vai segar (vidas que coma sempre serán esencialmente civís) xa é rexeitable. Sinalar, tamén, que o alcance do ataque agora mesmo é impredecible a nivel internacional.
  • O sucedido demostra, outra vez, o papel de comparsa do Estado Español, a Rajoy abondoulle unha fugaz entrevista con Obama para posicionarse decididamente a favor do bombardeo que facía uns días rexeitara indicando que se debía agardar ao ditame dos inspectores enviados pola ONU, a súa submisión, a parte do papel que os EUA estableza, determina a libre utilización por Estados Unidos das bases militares
O silencio do PSOE e de moitos partidos do arco parlamentario demostra o seu implícito apio ao acordado entre Rajoy e Obama o que os fai cómplices da decisión tomada, facéndoos tamén responsables desta guerra que repudiamos.

 

O #15M de Monte Alto móstrase decididamente contrario a todo imperialismo (sexa da cor que sexa, teña o matiz que teña), pois cremos que os pobos teñen que decidir libremente o seu futuro se ningunha inxerencia estranxeira, só deste xeito se poderá conseguir e asegurar o cambio social que o #15M reivindica, tanto no noso estado como a nivel internacional.

Concentración contra a intervención en Siria

 
Dende a Coordinadora Galega pola paz se manifestan en contra dunha intervención militar estranxeira en Siria e se chama á cidadanía a participar nas accións convocadas para o martes 10 ás 20:30 en diversas cidades galegas. Na nosa cidade a concentración será na rúa Juana de Vega, nº 8.

 
 
 
 
 
Para máis información, evento de facebook: https://www.facebook.com/events/1415061015382603/?ref=14

Asemblea de setembro: a educación pública retorna ao pasado

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 5 de setembro celebraremos a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

A charla-debate nesta ocasión será sobre a educación, para o cal farase unha análise do sistema educativo que ven (estase a atacar a educación pública, e a que queda será adoctrinadora, antigalega, mercantilista, excluínte…) e contaremos tamén coa participación de xente do Sindicato de Estudantes, quenes nos contarán por que o PP nos quere roubar o dereito á ensinanza pública e nos falarán da folga de estudiantes que haberá os días 22, 23 e 24 de outubro.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Solidariedade con Albada

Solidariedade cas traballadoras e traballadores de ALBADA.

Diante da pretensión de facer un cambio de modelo da planta de Nostián, pasando de ser unha planta de tratamento de residuos urbanos (reciclaxe) a unha planta de transferencia de residuos, os traballadores de Albada, empresa do grupo URBASER, propiedade do mafioso Florentino Pérez, levan xa máis dun mes en folga indefinida (comezaron o día 28 de xullo)

A dirección da empresa, aproveitando a reforma laboral aprobada polos seus amigos do PP despediu, nos últimos meses 11 traballadores/as, na actualidade a empresa ten 25 traballadoras/es menos que no ano 2011.

Paralelamente queren acabar co convenio colectivo, para rematar cos xa limitados dereitos laborais económicos e sociais pretendendo pagar o salario mínimo interprofesional e, entre outras cousas, incrementar as horas de traballo semanais o que implicaría o despedimento de 18 traballadores/as máis.

Cada día que pasa trasládase máis lixo a outros vertedoiros de URBASER sen que exista ningunha labor de reciclaxe. Os veciños e veciñas da Coruña pagamos relixiosamente por unha reciclaxe que non se realiza.

É de destacar o patético labor do noso “ilustrísimo” alcalde Carlos Negreira que, unha vez máis, lonxe de reclamar á empresa a realización das labores incluídas na licitación do servizo (permitindo que non se recicle nada) e defender os intereses da cidade fronte aos empresariais, dobrégase diante da mafia do lixo permitindo e favorecendo a continuación do roubo e o menoscabo dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

O día 26 durante o paro que en apoio á loita das traballadoras e traballadores de Albada se desenvolveu dende as 23.00 horas do luns até as 23.00 horas do martes 27, participamos activamente nos piquetes conseguindo a paralización total da actividade de recollida e tratamento do lixo na zona da Coruña

Ás 12 da mañá do día 27, para demostrar publicamente o apoio á loita dos traballadores/as de Albada, unhas 2.000 persoas participamos na manifestación que, con saída da Praza de Pontevedra, percorreu as rúas do centro da cidade para rematar na Praza de María Pita onde lle fixemos patente as nosas esixencias ao alcalde monicreque.

  • Esiximos a inmediata readmisión dos traballadores despedidos.
  • Esiximos a negociación dun convenio onde se restitúan os dereitos laborais económicos e sociais dos traballadores e traballadoras de ALBADA.
  • Reclamamos, que, diante da mafiosa posición e da mala fe demostrada pola empresa en todo este proceso e en todo o tempo que lava en mans de URBASER o Concello proceda ao rescate da concesión procedendo a unha nova licitación onde se inclúan cláusulas que aseguren os dereitos dos traballadores e traballadoras.


Mentres esta situación non cambie, como berramos na manifestación, A MERDA QUEDA AQUÍ E OS CARTOS PARA MADRID.

ALBADA SOMOS TODAS!!!

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,890 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0