Archivo de octubre de 2013

Folga xeral indefinida no ensino público xa!

Transcribimos íntegramente o texto do folleto que foi entregado a un compañeiro nunha das mobilizacións con motivo das folgas de estudiantes da semana pasada.

 

Estamos convencidas/os de que a única posibilidade real de que se retire a LOMCE pasa por afastarse, dunha vez por todas, de calquera acción de carácter testimonial e simbólico e dar paso a medidas máis contundentes, como é a convocatoria dunha folga xeral indefinida en todo o ensino público.

Somos conscientes do difícil e costoso da medida, somos tamén conscientes, por pura obviedade, de que non será secundada pola totalidade da comunidade educativa. Pero, sobre todo, estamos convencidas/os de que terá o apoio suficientemente numeroso, forte e comprometido, de moitísimas persoas que ven nesta lei un atentado imperdoábel ao dereito de dispór dun ensino público de calidade para todas e para todos. Precisamente porque estas persoas están dispostas a loitar, ao prezo que sexa, na defensa dun ben común tan importante, precisamente por iso, os sindicatos, en tanto que representantes legais das traballadoras e traballadores do ensino público, deberían de ser os primeiros en encamiñar o seu labor a preparar e a organizar esa folga indefinida tan necesaria como urxente.

Desde o noso punto de vista, as organizacións sindicais, se non queren seguir a perder credibilidade, deberían:

  1. Explicar públicamente por que non se considero a opción de convocar unha folga indefinida antes de que fose aprobada a lei, evitando caer na autocompracencia e prepotencia de pseudoexplicacións do estilo “o profesorado non está preparado”, ou “non existe aínda o tecido social necesario para pensar nesa opción”…
  2. Explicar claramente as razóns que os levaron a pensar que as medidas polas que apostaron serían suficientes para impedir que se aprobase a mencionada lei, ou se sabían de antemán que tales medidas serían insuficientes.
  3. Explicar por que nunca se consultou formalmente á súa afiliación sobre a pertinencia ou non de preparar unha folga indefinida.
  4. Consultar ás súas bases, á súa militancia e á súa afiliación, o máis axiña posíbel, sobre a pertinencia ou non de convocar unha folga indefinida.

Non máis peches, non máis folgas dun día, non máis manifestos, non máis espectáculo!

FOLGA XERAL INDEFINIDA NO ENSINO PÚBLICO XA!

Asemblea do CEIP Rabadeira en Defensa do Ensino Público

(Oleiros, A Coruña)

Mercadiño de troco de outubro

Como cada último sábado de mes, o día 26 organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Manifestación en defensa do tren en Betanzos

A plataforma en defensa de tren da Coruña e as Mariñas (ver páxina web aquí: http://defensatren.wordpress.com/) fará unha concentración este venres, 25 de outubro, ás 19 horas, na estación de tren de San Cristóbal, para promocionar ademais a manifestación do domingo.

O domingo, 27 de outubro, dita plataforma convoca ás 11:30 unha manifestación en Betanzos. Sairase da estación de San Cristóbal da Coruña no tren das 11 horas, e a manifestación dará comezo en Betanzos ás 11:30.

Xustifican a manifestación co seguinte texto:

O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence.

Rexeitamos os recortes en materia ferroviaria, así coma a destrución e precarización de empregos no sector.

Queremos un tren de proximidade que reduza o uso de vehículos privados.

Rexeitamos o proceso de privatización do Ferrocarril que se está a levar a cabo por parte do Estado.

Folga xeral de estudantes

Os días 22, 23 e 24 deste mes está convocada unha folga de estudantes contra a chamada “Ley Wert”. As mobilizacións previstas na nosa cidade para eses días son:
- Día 23: ás 12 horas con saída dende a Praza da Palloza.
- Día 24: pola mañá, ás 11 horas con saída dende a Praza de Vigo. Pola tarde, ou ás 19 ou ás 19:30  con saída dende a Palloza.

Copiamos a continuación a información extraída do seguiente evento de facebook do Sindicato de Estudantes: https://www.facebook.com/events/343249622479057

Tras un ano marcado por unha intensa mobilización para frear a reforma franquista da educación (LOMCE) e os recortes do PP -medidas que supoñen o maior ataque á escola pública dende a caída da ditadura franquista-, é necesario que este novo curso redobremos as nosas forzas para lograr a dimisión do Ministro de Educación e paralizar así todos os recortes e contrarreformas educativas que seguen enriba da mesa. Por iso 22, 23 e 24 folga xeral estudantil cheos de acción e mobilización para facer da mobilización educativa o primeiro paso dunha loita máis contundente que logre tombar todos os ataques:

22 de Outubro: Folga estudantil con Piquetes informativos pola cidade: mercados, centros de traballo! Imos involucrar a toda sociedade na nosa loita!

23 de Outubro: Folga estudantil con Manifestación Estudantil ás 12 horas. A Coruña na Praza da Palloza

24 de Outubro: Folga de toda a comunidade educativa. Manifestacións de pais, profesores e estudantes!

Manifestación: contra a mafia, pola democracia

O 19 de outubro terá lugar na Coruña unha manifestación baixo o lema “Contra a mafia, pola democracia”, que sairá ás 19 horas da Praza de Pontevedra. Ao remate da mesma, está prevista unha asemblea aberta no Obelisco.

 

Dita manifestación é convocada por diversos colectivos sociais e persoas individuais, quenes convocaron duas reunións abertas para organizala.

 

A data foi escollida por coincidir con mobilizacións noutros países e en distintos puntos do Estado, contra as políticas de austeridade que, con dramáticas consecuencias, están tratando de impor nunha multitude de nacións.

 

Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/519372174815854/

 

Evento en corunha.info: http://corunha.info/evento/1790

Contra o desafiuzamento de Elisabeth

Asemblea de afectad@s por desafiuzamentos

STOP DESAFIUZAMENTOS: Posto que nos últimos tempos son cada vez máis as persoas que acoden a nós na procura de axuda ante a ameaza de quedaren sen vivenda, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña decidimos abrir un espazo de asesoría colectiva coma os que xa están a funcionar noutras comarcas galegas e tamén en moitas cidades do Estado español.  

Así, convidamos a tódalas persoas afectadas por situacións de desafiuzamento á asemblea que imos facer o vindeiro sábado 5 de Outubro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16), ás 11:00hrs.
Con este encontro o que procuramos é reunir á xente ameazada por procedementos de desafiuzamento, compartir información sobre como facer fronte a esas ameazas, xerar un acompañamento afectivo ás persoas afectadas e pensarmos conxuntamente accións de denuncia colectiva desta situación.

 

A nosa intención é realizar estas asembleas periodicamente, para deste xeito fomentar a autoorganización e combater a sensación de vergoña que moitas veces invade ás persoas que, malia a seren vítimas da violencia estrutural, demasiado a miúdo optan por cargar con este abuso na súa intimidade.

 

Ca realización destas asembleas colectivas queremos tamén axudar a visibilizar que no contexto socioeconómico actual as situacións de desafiuzamento non se poden vincular estritamente á mala sorte ou a unha mala praxe persoal, senón que na maioría dos casos estamos ante exemplos persoais dun problema que xa é social e, polo tanto, contra o que cómpre loitar colectivamente.
© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 noviembre, 2017 — Visitas totales: 9,947 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0