Archivo de noviembre de 2013

Desafiuzamento de Elisabeth

A perda de dereitos e de liberdades fíxose patente no desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, unha muller que cunha axuda de 216€ malamente pode vivir. Co sucedido o día 27 de novembro na rúa Antonio Noche do Castrillón, barrio obreiro da cidade da Coruña, viuse a verdadeira faciana do sistema que, por un lado, non dubida en deixar na rúa a unha nai e tres fillos todos de moi curta idade e, por outro lado e para levar a efecto o inxusto desafiuzamento tampouco dubida en utilizar a máis de 70 efectivos dos corpos represivos para impoñer o despexo e impedir a solidariedade cidadá. Para isto non faltan cartos.

A forza despregada, totalmente desproporcionada, tanto no número de efectivos como na acción desenvolvida, o estado de sitio ao que se someteu a rúa Antonio Noche son un claro exemplo da deriva autoritaria e neofascista pola que transita o goberno que, unha vez acabou cos nosos dereitos (o dereito a unha vivenda digna é un dereito elemental) quere e vai facer todo o que estea nas súas mans para rematar coas nosas xa limitadas liberdades, levándose, neste caso, como reféns a 6 compañeiras/os de STOP Desafiuzamentos, acusados inxustamente de alteración da orde pública e que agardan agora a decisión xudicial.

Acabouse a peregrinaxe de Elísabeth e dos compañeiros e compañeiras de STOP Desafiuzamentos da Coruña polos despachos oficiais tanto do Concello (Asuntos Sociais), como da Xunta de Galiza (Instituto da Vivenda) para reclamar unha solución que lle posibilitase a Elísabeth o acceso a unha vivenda social. Estes organismos demostraron, en todo este proceso, a súa total inutilidade. Unha chea de manifestacións, concentracións e peches nas sedes oficiais atopáronse sempre coa mesma resposta, a negativa máis tallante. Ao máximo que se chegou, (sendo a proposta definitiva), foi a que ingresase nunha residencia, feito que levaría implícito desfacer a unidade familiar, como non podía ser doutro xeito Elísabeth négase a aceptar esta posibilidade.

O primeiro intento de desafiuzar a Elísabeth realizouse o día 8 de outubro, naquel momento conseguiuse paralizar. O sucedido na rúa Antonio Noche o día 27 de novembro, coa realización do desafiuzamento non renderá nin á familia afectada nin a STOP Desafiuzamentos. Que non pensen nin os políticos de turno que recortan miserablemente en gastos sociais e dilapidan, sen ir máis lonxe, en festiñas (na cidade da Coruña, máis de 2.000.000€ ao ano), nin os que queren eliminar as liberdades públicas que a represión exercida vai limitar as accións xa previstas.

Mercadiño de troco de novembro

Como cada último sábado de mes, o día 30 organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Documental: Universidad SA

Con motivo de la huelga estudiantil que tiene lugar hoy en todo el Estado español, aprovechamos para recomendar la visión del siguiente documental sobre el proceso de mercantilización y privatización de las universidades públicas en España (también disponible en la sección de Vídeos):

Universidad S.A. (Documental) www.universidadsa.com from Universidad S.A. on Vimeo.

Este documental pretende mostrar los procesos y las consecuencias que resultan de la mercantilización de la Universidad y de su contexto político, económico y social.

Para ello, contactamos y entrevistamos a personas vinculadas a la universidad de diferentes maneras y con distintos perfiles, desde una ex-alumna hasta un ex-rector; con tal de intentar ofrecer una visión amplia y diversa de lo que acontece la educación superior. Nuestro cedazo, en materia de selección de los entrevistados, fueron los ejes temáticos que veíamos importante tratar así como la voluntad de colaboración con este proyecto; pues, cabe decir, que no pocos desatendieron nuestra invitación.

Con todo, parece ser, que de una manera u otra la mayoría de los puntos de vista mostrados en el documental convergen hacia un mismo punto: la Universidad, la niña bonita de nuestras instituciones, se ha dejado corromper. Y lo ha hecho de distintas maneras: sometiéndose a los dictados de la mercantilización, dejándose llevar por la fiebre inmobiliaria, banalizando los títulos, aceptando la privatización -literalmente- de los resultados de las investigaciones (y por ende; elitizando y privatizando el conocimiento producido con dinero público), deshumanizando las aulas y a lo que ellas contengan, etc. Todo, por tal de satisfacer a nuestras nuevas deidades: los mercados, las empresas y las corporaciones que en ellos actúan.

Así, el documental transita desde los espacios macroeconómicos de decisión que marcan la pauta y el hacer de los gobiernos a la traducción directa de la aplicación de estas medidas, previo señalamiento de los responsables políticos, explicitando las consecuencias sociales y personales que tienen estas dinámicas.

 

Impunidade Nunca Máis!

 

 

Convócase para este venres 15 ás 20h, no Obelisco, unha concentración pola sentencia xudicial sobre o Prestige. Porque si hai culpables, impunidade Nunca Máis!

 

 

Máis información, aquí.

Vivenda, violencia e conquista social

Este sábado, 16 de novembro, o colectivo Stop Desafiuzamentos celebrará a súa segunda Asemblea de afectad@s. Déixamosvos a continuación o cartaz, así como un interesante artigo que nos fixeron chegar, e cuxo resumo foi publicado no noso último boletín:

 

Ao longo dos últimos 50 anos, o Estado Español tanto na chamada “dictablanda” coma no posterior rexímene continuista “democrático”, atopou ou creu descubrir unha fenda financieira de “crecemento” capitalista baseada na mestura entre diferentes condicionantes. Por un lado unha sociedade de clases fundamentada no privilexio dun status adscrito (normalmente sanguíneo e familiarista) mostrada como desexo e posición a acadar pra unha maioría social empobrecida. A facilitación no acceso ao crédito ate o momento restrinxido ás rendas máis elevadas apoiado en políticas fiscais favorecedoras pra o endebedamento. E a liberalización do territorio/solo inmobiliar pra o negocio financieiro que sustituiu o “ben social” que é a vivenda coma medio e modo en sí mesmo, polo lucro privado coma fin económico e sistémico.

Apoiados no que poderíamos chamar unha cultura da propiedade como signo e símbolo de ostentación, índices de riqueza e “progreso” determinados pola capacidade de  consumo de familias e axentes sociais e micro-condicionantes concretos que supoñen en sí mesmos unha temática basta e inabarcábel no presente espazo, debuxan o marco onde na actualidade emana unha realidade criminal coma é a do desafiuzamento.

Realidade que ao abeiro da actualidade poderíamos dividir en 2 bloques analíticos claros e diferenciados nas súas particularidades económicas, pero transversais a conculcación dun dereito nunca realizado, e polo tanto nunca garantido nin moitísimo menos protexido, agás condicións económicas que así o facilitaran.

FORMAL – HIPOTECA

Cando a circulación do capital financieiro buscou un asentamento constante e continuo no ben inmobiliar garante de rendementos económicos acumulativos, a hipoteca dun ben básico foi unha das formas da conversión do “dereito a” en “propiedade de”.As condicións económicas que orbitaban ao redor desa producción socioeconómica do mundo de vida comunitaria, non é que desapareceran, se non que se restrinxiron. Ficando tras a tempestade consumista, unha calma de débedas e impagos. Na fuxida do abismo do impago e devaluación financieiras, unha das vías que se emprega no Estado, divídese na renegociación da hipoteca; o que fica por pagar queda condonado coa entrega do inmoble (dación en pago) ou a declaración de ilegalidade de cláusulas ate a data tidas por “normais” (clausulas teito e clausulas solo. Que significan os mínimos e máximos intereses que pode pagar unha hipoteca) NCG banco, BANKIA, SANTANDER (na sua sucursal, UCI) contan con sentencias en contra das citadas claúsulas. Unha forma de reconducir a constricción do sistema económico canda unha “re-evaluación económica global”. Neste marco varias son as posibilidades.

AMEAZA-REGRESIÓN: As familias que acadan a dación en pago, onde viven se é vivenda principal?(a ter en conta,xa que moita especulación da clase media desinflouse polo “efecto arrastre” da perda do poder adquisitivo das rendas do traballo e do valor das rendas do capital(inversions inmobiliarias). Servicios sociais din non contar con recursos desvíando a cáritas (que xa paga alugueiros e hipotecas,asi coma provee de comida).

DEBILIDADE-REGRESIÓN: Carencia de plans fiscais que ataquen á vivenda vacía a través de impostos por desuso da vivenda coma primeiro paso pra acabar coa especulación e “sobreprecio” dun ben básico.

OPORTUNIDADE-PROGRESIÓN:  Retirar contas públicas e pagos correntes que o concello realice con entidades bancarias que desafiuzan. Promoción pública e aberta dos pisos dos bancos NACIONALIZADOS con pagos que non rebasen o 30% dos ingresos dunha unidade doméstica (A RISGA non debería pagar máis dun 10% por unha cuestión de progresividade na carestía).

FORTALEZA-PROGRESIÓN: Revalorización da débeda pública:cal era e é o valor dos pisos? Canto ten que pagar o hipotecado se o valor do piso reduciuse un 40-60% e segue pagando baixo márxenes especulativos UN DEREITO BÁSICO(artigo 47 na const.,25.1 declarac.universal dos dereitos do home)Podería darse o caso que a diferencia entre o valor real do piso e o que xa se pagou resulte non so na adquisicion da vivenda,se non na devolución de cartos?

INFORMAL-ALUGUEIRO

Igual que a hipoteca, a cultura da propiedade determina o acceso a un ben básico. É na reformulacion desta relación onde radica unha das claves pra o rebasamento do sistema imperante. Acceder a unha vivenda non significa acceder a unha propiedade. Comercializar un dereito básico é un xeito de neoesclavismo e post-explotación. É na capacidade de empatía (de existir) da clase propietarista onde radica unha das claves que module as relacións sociais producidas e reproducidas dentro do sistema capitalista. Ao igual que o establecemento de políticas fiscais que intercedan no mercado especulativo inmobiliar. Un claro exemplo da necesidade de reformulación, sería o referido as rendas do traballo exiguas no valor e escasas na disponibilidade ao abeiro dun paro do 30%, que xa non poden destinar mais dun 60% ao pagamento da vivenda, que é a proporción que ate o de agora substraíase da renda dispoñíbel. Asumíndose coma “co-sustancial” á sociedade a comercialización dun dereito básico inalienábel coma a vivenda (coma tamén serían a alimentación, a educación ou a sanidade, outputs todos eles piares do PIB concreto dun Estado dado).

AMEAZA-REGRESIÓN: Lei de desahucio express. Onde unha falta no pago do alugueiro inicia,de asi pedilo o caseirx o procedemento de lanzamento. O marco legal ampara un atentado vivencial.

OPORTUNIDADE-PROGRESIÓN: Revisión e transformacion do contrato social propietario-arrendado pasando da retribución monetaria especulativa ao intercambio simbólico; alugueiro en usufructo (recollido na constituc.) onde o mantemento da vivenda,os custos da mesma serán sufragados polo arrendado.

DEBILIDADE-REGRESIÓN: Desprotección da clase non propietaria; na posibilidade de ingresos(momento pra introducir e normalizar a renda básica), na capacidade de acceso a vivenda (alugueiro dun ben básico resulta inasumible,segundo renda) “enrocamento” do propietario ao ter no ingreso unha fonte de recursos,cando  a mesma supón a privación pra unha maioría social non propietaria.

FORTALEZA-PROGRESIÓN: Posibilidade histórica de transformacion nas relacions sociais cimentadas na producción e normalización da desigualdade social, pasando do status propietario ao benestar comunitario. Necesidade de espazos outros de vivenda libre de especulación e privatización.

Fica claro que o endebedamento do futuro en “cómodas mensualidades” asi coma as “oportunidades únicas” en forma de intereses baixos e cláusulas enganosas non van voltar. Do mesmo xeito que a única violencia existente é a da instauración dunha orde social xa non so economicista, se non marcadamente utilitarista e especulativa. No día a día o programa de resistencia non so navega a medio camiño entre evitar un desafiuzamento que o Estado lexisla coma norma, e amparar unha garantía básica (como a da vivenda) que dende as institucións se precariza na súa disponibilidade e se dificúlta no seu acceso. Se non que a necesidade dun mundo outro ao marxe das lóxicas de mercado, do lucro e do privado por riba do comunitario demanda a realización dunha conquista alén dos simples enunciados, fundamentada nas diferentes praxes que a diario atopamos nos nosos bairros e rúas. Non se trata  dun “que facer?”, que xa o sabemos. Se non dun “FAGÁMOLO” aterrador pra o poder instaurado e libertario e liberador pra as oprimidas, que xa comandan o xurdir paulatino dunha nova orde social e vivencial.

 

Asemblea de novembro: dereito á vivenda

 
Como cada 1º xoves de mes o 7 de novembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

A charla-debate nesta ocasión será sobre os desafiuzamentos e o dereito á vivenda. Para iso contaremos con compañeir@s de Stop Desafiuzamentos da Coruña, quenes nos falarán da case nula atención que, dende as institucións públicas, se está a ofrecer ás persoas en risco de desafiuzamento, e basearán as súas argumentacións nos casos que están a levar.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,890 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0