Asemblea de xaneiro: Lei de seguridade cidadá

Nesta ocasión celebramos a nosa asemblea mensual o 2º xoves de mes: o 9 de xaneiro no Campo de Marte ás 19:30 horas.

A charla-debate nesta ocasión será sobre o anteproxecto de lei de seguridade cidadá, que conserva os contidos da lei anterior e lle engade unha serie de elementos novidosos, entre os que cabe destacar a introdución de novas figuras de sanción para impedir formas de protesta cidadá que se empregaron nos últimos anos e que apareceron vinculadas aos movementos tipo 15M. O conxunto da reforma pódese definir como represivo das libertades públicas, clasista, desproporcionado nas sancións, xerador de inseguridade xurídica e reactivo ao que o actual Gobierno viviu como afrentas ao seu executivo e ao seu partido.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,346 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0