Archivo de marzo de 2014

Asemblea de abril: despois do día 22, ¿que?

 

Como cada 1º xoves de mes o 3 de abril celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre o 22M, as marchas da dignidade. Trataremos de pensar entre todas as respostas ás preguntas que esa xornada de loita deixou no aire: como valoramos a marcha da dignidade? tivo algún impacto? cales son os seguintes pasos que se poderían dar? hai forza social para mudar o sistema no que vivimos e transformalo noutro mellor? Que facer despois do 22M?

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

 

Fotos do 22M

Facendo click na seguinte imaxe podes acceder ao noso álbum de flickr que contén todas as fotos que sacamos o 22M, con motivo das Marchas da Dignidade.

 

Mercadiño de troco de marzo

 

 

 

Como cada último sábado de mes, o día 29 de marzo temos mercadiño de troco. Coma sempre, de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Manifestación pola sanidade pública

Onte publicouse no DOG unha nova ameaza para o desmantelamento da sanidade pública na Galiza o real decreto polo que se regula as áreas de xestión clínica  (AXC).   Ainda que se venden coma unha maneira de xestionar melloras  nos recursos poñendo, empregando  a medicina baseada na evidencia e poñendo o paciente no centro do sistema, este modelo o único que pretende facer é fragmentar o sistema xerando  “micro áreas” de xestión , onde a Atención primaria se verá relegada a un segundo plano, quedando eliminadas as áreas básicas de saude , que son as  auténticas integradoras  e que poñen  ó paciente no centro  e que o tratan coma un total, non como un corazón, un ril, unha perna………. Por non fallar que con pequenos cambios normativos poden abrir as portas a seren xestionadas  por empresas privadas que o único que buscan son beneficios económicos, sen arriscar o seu patrimonio, que xa estamos nós cos nosos impostos  e a nosa saude para solventar as suas desfeitas.

 

Por iso convocamos a participar na manifestación de mañá, mércores 26 de marzo, ás 20 h,  con saida da Casa do Mar da coruña,  A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE, SE DEFENDE!

Concentración polo desaloxo do CSO de Palavea

Hoxe, sobre as 7:30 da mañá, produciuse o desaloxo do CSO de Palavea. Na seguinte ligazón hai máis información: La Opinión – Desalojo CSO Palavea

Hai convocada unha concentración de protesta hoxe, martes 25 de marzo, ás 20 horas no Obelisco.

Autocares a Madrid o 22M

Tren da dignidade desde A Coruña

 

 

 

 

Para aqueles que queiran ir a Madrid desde A Coruña o 22 de marzo, con motivo das marchas pola dignidade, o custo do tren que se contratará é de 45 euros por persoa (terán que ser abonados antes do día 11 deste mes).  Se estás interesad@ ponte en contacto a través do noso e-mail para informarte ou ben a través desta ligazón: http://goo.gl/Xhpa4l

Asemblea de marzo (2º xoves de mes)

 

Posto que o 1º xoves de marzo está convocada unha manifestación en contra das obras da Mariña e O Parrote, decidimos aprazar a nosa asemblea, para non pisar convocatorias, para o 2º xoves deste mes, de tal xeito que será o 13 de marzo no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre o dereito da muller a decidir sobre o seu propio corpo e contra a retrógrada lei do aborto que se quere implantar, aproveitando que o 8 de marzo é o día internacional da muller.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

 

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

manifestación emigrantes retornados

1900047_10203147641353050_39611566_n1911788_10203147479989016_6399594_n1925219_600055790083545_181059322_n1972466_600055506750240_759403378_n10009308_600058880083236_396147031_n20140305_120306
20140305_12124620140305_12163120140305_12170220140305_12245620140305_122619P1000601
P1000602P1000603P1000606P1000607P1000608P1000609
P1000610P1000612P1000614P1000615P1000618P1000620

manifestación emigrantes retornados, un álbum en Flickr.

A través de Flickr:
manifestación dos emigrantes retornados, diante da delegación de facenda en protesta polo expolio das suas pensións que reciben do exterior, tras aplicar unha lei feita polo PSOE lei 35/2006 que mantivo nun caixon que ágora executa con caracter retroactivo o PP.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,890 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0