Archivo de mayo de 2014

Mercadiño de troco de maio

 

 

 

Como cada último sábado de mes, o día 31 de marzo temos mercadiño de troco. Coma sempre, de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Feira de economía social o 31 de maio

O 31 de maio terá lugar unha feira de economía social, ao longo de todo o día (de 11 a 20:30) na Praza de Pontevedra. Contará con postos de venta e/ou informativos de deceas de proxectos de economía social, moitos dos cuales ademais farán presentacións expoñendo o seu traballo.

Para ampliar información, velaquí está o evento anunciado na axenda alternativa da cidade da Coruña: http://corunha.info/evento/2500, e velaquí o evento de facebook da feira: https://www.facebook.com/events/342458925904668/.

Este é o texto que aparece en dito evento de facebook, de tódolos xeitos:

<<Nun mes no que se celebra o Día do Comercio Xusto, as organizacións solidarias de Galicia volven xuntarse na Coruña, por terceiro ano consecutivo, con todas aquelas entidades ou persoas que se adican á economía social para lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real e próxima, aquí e agora, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e traballadoras e tamén a calidade da nosa propia vida.

Na pasada edición, no encontro xuntáranse máis de 20 entidades que representaban a centos de persoas que están a facer realidade agora e aquí a idea de que unha nova economía é posible, unha economía que persegue unha transformación social e defende unha rendibilidade integral (humana, medioambiental, cultural, social e económica), onde a maximización do beneficio económico non é prioridade, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Esta proposta de feira quere dar visibilidade a un modelo de economía solidaria, participativa, local e na que se substitúe competir por cooperar.

Entre os postos das anteriores edicións era posible atopar tanto a produtoras de bens e servizos, como a distribuidoras, financiadoras e comercializadoras que se adicaban a actividades tan diversas como o comercio xusto e a cooperación, o consumo responsable, a banca ética, a bicimensaxería, o urbanismo e a arquitectura sustentable, as enerxías renovables, a reutilización e a reciclaxe, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta, os mercadiños de troco, a cociña solar…

Este ano, a 3ª edición da Feira de Economía Social se celebrará o sábado 31 de maio, entre as 11 e as 20:30 horas na Praza de Pontevedra da cidade de Coruña. Nese horario haberá ducias de postos na praza, e simultáneamente se levarán a cabo palestras de presentación por parte dalgunhas participantes, actuacións musicais e escénicas, etc.

Nese día será posible:
- Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
- Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico ou á banca convencional.
- Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites, ou ver proxectos de troco de bens e servizos sen cartos.
- Coñecer medios de comunicación alternativos.
- Informarte de iniciativas locais autoxestionadas (culturais, de hortas urbanas, movementos sociais…).
- Escoitar en directo grupos de música ou poesía locais que se xestionan á marxe da Sociedade Xeral de Autores.(Durante as horas de xantar haberá actuacións e palestras na praza polo que vos invitamos a quedarvos a xantar connosco)
- Coñecer proxectos cooperativos que fan actividades vencelladas co benestar da persoa (yoga, reiki…).
- Descubrir novas formas de mobilidade e transporte máis ecolóxicas (como a bicimensaxería).
- Aprender como é posible mellorar as relacións entre as persoas e o medio, natural ou construído.

… E moitas cousas máis. Vémonos o día 31 na praza! Achégate e difunde a convocatoria!>>

Asemblea de maio: necesidade de folga xeral indefinida

 

 

Nesta ocasión celebramos a nosa asemblea mensual o 2º xoves de mes: o 8 de maio no Campo de Marte ás 20 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a necesidade de convocar unha folga xeral indefinida como resposta aos ataques que, dende o goberno os grandes capitales, está a recibir a meirande parte da poboación.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

 

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0