Archivo de junio de 2014

O goberno municipal tamén reprime

O PP eleva a represión sobre os movementos sociais, un exemplo claro, desta actitude coercitiva témolo no acontecido no troco que todos os meses realizamos no Campo de Marte.

O pasado día 28 iniciamos, como todos os últimos sábados do mes, o noso mercado de troco, non pasou moito tempo desde o inicio cando se aproximaron varios policías municipais uniformados e outros de “paisano” para cominarnos á recollida de todas as cousas que tiñamos para trocar. Sinalóuselles sen éxito ningún que o mercadiño era algo xa consolidado (facémolo, sen falta, todos os últimos sábados do mes) e que non tiña ánimo de lucro. Os axentes non ían con ánimo de escoitar, como verdadeiros autómatas limitáronse a sinalar que ou ben retirabamos as cousas ou procederían á súa incautación.

Máis tarde, sen ter coñecemento do ocorrido con anterioridade, outr@s compañeir@s volveron recolocar as cousas, reiterándose de novo a mesma situación, a policía obrigou a retirar todo o relacionado co troco. Unha vez que observamos que no Campo de Marte sería imposible a realización do mercado de troco dirixímonos ao Campo da Leña, ao espazo legalmente notificado para a realización da romaría transmaribolheira ate onde nos perseguiu a policía para efectuar un novo requirimento. Despois dunha nova discusión cos axentes, na que participaron as persoas que solicitaron o permiso para a romaría, os axentes de policía deron a entender que tiñan orde expresa de impedir a realización do mercado de troco.

Sinalar, tamén, que as forzas “da orde”, unha vez tomada a decisión de rematar o mercado de troco, procederon á identificación de dúas persoas e pertencentes ao 15M de Monte Alto, nunha ubicación distinta ao lugar dos feitos.

 

Diante desta reiterada circunstancia queremos manifestar:

 

  1. A nosa total oposición ao estado policial, á restrición e eliminación de liberdades que o goberno está a impoñer.
  2. A nosa oposición frontal á política persecutoria, ameazante e represiva que se está a desenvolver contra todos os movementos sociais e contra calquera que amosa o máis mínimo rexeitamento das políticas que este goberno corrupto e antidemocrático nos impón.
  3. Que todas esas políticas represivas, xa realizadas no franquismo, non frearán a nosa acción. Anunciámoslles que seguiremos ocupando os espazos públicos porque é o noso dereito, continuando coa nosa labor de denuncia dun estado e dun concello corruptos que llelo quita todo aos que menos teñen para enriquecer aínda máis aos que xa o teñen todo.

 

Facémosvos un chamamento a participar activamente en todos os actos e mobilizacións que sirvan para rexeitar o estado capitalista que, se non o impedimos, repercutirá os efectos das súas crises directamente na cidadanía. Un estado que elimina dereitos esenciais (educación, sanidade, vivenda…) para que os seus fagan negocio, que nos quita incluso o dereito ao noso corpo, impoñendo, ademais, mediante o estado policial a mordaza para que nin poidamos chiar.

Asemblea de xullo: non ás obras da Mariña

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 3 de xullo celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre as obras da mariña, que pretenden soterrar o tráfico dende Alférez Provisional, á altura do Hotel Atlántico, ata a Solana mediante un túnel de catro carrís. Estamos en contra, nós e os demais colectivos sociais e veciñais que forman parte da plataforma “Non ás Obras da Mariña” porque son unhas obras innecesarias, desmesuradas, inoportunas e
corruptas.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercadiño de troco de xuño

 

 

 

 

Como cada último sábado de mes, o día 28 de xuño temos mercadiño de troco. Coma sempre, de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

21 de xuño: Rodea o Parlamento Galego

O día 21, as Marchas da Dignidade voltamos a loitar. Nesta ocasión, rodeamos os Parlamentos de todo o estado esañol.

En Galicia, a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade fará unha manifestación en Santiago que sairá da Estación do Tren e rodeará o Parlamento Galego. Será ás 12:00 horas.

O parlamento galego e os demáis parlamentos de todo o estado español, foron secuestrados polas mafias financeiras, e coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios PP e PSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que as favorecen cando gobernan. Os parlamentos do estado non están ao servizo das persoas, non fan o seu labor de representar a vontade popular, só serven aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso.

Cando o parlamento non cumpre a súa función, carece de leximitidade.

Non á monarquía hereditaria

Hoxe almorzamos coa noticia da Abdicación do Rey Don Juan Carlos. Vendéusenos que o seu reinado estaba  ”lexitimado” co referendum sobre a Constitución, pois ben neste intre precisamos que ese espíritu “democrático” vexaxe reflexado nunha nova elección por parte do pobo e non dende os despachos duns partidos oligárquicos.

Por iso dende a nosa asemblea Exiximos, que o seu “sucesor”  na Xefatura do Estado sexa democráticamente elixido mediante un Referendum e proceso constituinte  e non mendiante unha lei Orgánica que cale a voz de do pobo.

Evento en corunha.info: http://corunha.info/evento/2521

Asemblea de Xuño: especial 3º aniversario!

Como cada 1º xoves de mes celebramos a nosa asemblea mensual o día 5 ás 20 horas no Campo de Marte. Mais, nesta ocasión a celebramos cunha particularidade: a nosa asemblea cumple 3 anos desde que a comezos de xuño de 2011 o movemento 15 de maio coruñés comezara a se expandir polos barrios.

 

Aquí seguimos, actuando con outras persoas e organizacións en plataformas coa finalidade de dinamizar e pular a mobilización social que posibilite a realización dos cambios que reclamamos, nomeadamente despregamos a nosa actividade en: STOP Desafiuzamentos A Coruña, Plataforma 22M da Coruña, Plataforma en defensa do Tren A Coruña – As Mariñas, Boicot a Inditex, Proxecto Integral Corunha, Xestión de residuos (Nostián), Plataforma pola absolución de Pepita e contra a represión, Plataforma Non ás obras da Mariña, Campaña SOS dereitos das persoas migrantes en grave perigo (Foro Galego da Inmigración) ou  a Plataforma pola mobilidade da Coruña.

 

Ademais da asemblea pública do 1º xoves de mes e do mercadiño de troco do último sábado mensual, nestes 3 anos temos participado en multitude de accións, tales como a campaña “múltannos a nós para asustarte a ti”, na defensa das afectadas polo parque Ofimático, contra os bancos, a favor do ferrocarril público e social, contra os desaloxos e os desafiuzamentos, contra a lei do aborto, nas folgas xerais…

 

Nesta asemblea especial de celebración do 3º aniversario contaremos cun monólogo de humor, cunha pequena actuación de rap a capela, co micro aberto para que poidamos tod@s opinar sobre estes 3 anos ou sobre como imaxinan os anos vindeiros da nosa asemblea e da loita social en xeral, chourizada e petiscos.

 

Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0