Asemblea de agosto: a represión dos movementos sociais

Como cada 1º xoves de mes o 7 de agosto celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a represión dos movementos sociais xa que,  como é sabido, son numerosísimas as sancións impostas polo Goberno totalitario do Partido Popular contra as persoas que participan en todo tipo de movementos sociais, tanto a nivel galego –a terceira comunidade máis multada-, como estatal. A día de hoxe non hai concentración ou manifestación, sexa feminista, ecoloxista, antifascista, pola sanidade ou o ensino público, contra estafa bancaria, a favor do dereito á vivenda ou calquera outro dereito social, que non teña lugar rodeada de policías armados con material antidisturbios.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,129 — Últimas 24 horas: 0 — Conectados: 0