Archivo de septiembre de 2014

Asemblea de outubro: non aos recortes en educación, non á LOMCE

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 2 de outubro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a educación, sobre as loitas contra a nova lei do ensino (LOMCE). Para iso contaremos coa participación de dous colectivos estudantís: a UDC en Loita e o Colectivo Estudantil Libertario (CEL) da Coruña, que nos aportarán a súa visión do que está a acontecer neste ámbito.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

O 11 de outubro tod@s contra os tratados de libre comercio

 

 

O sábado 11 de outubro, ás 20 horas, evento lúdico-reivindicativo con motivo do Día Europeo de Accións contra os tratados de libre comercio.

Mercadiño de troco de setembro

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 27 de setembro.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Madres contra la represión (material gráfico)

Madres contra la represión

Madres contra la represión

Asemblea de setembro: renda básica

Como cada 1º xoves de mes o 4 de setembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

 

A charla-debate será sobre a renda básica:  un ingreso pagado polo Estado a cada membro de pleno dereito ou residente. Se se puxese en práctica evitaría a exclusión de social de persoas en situación de pobreza ou reforzaría a posición negociadora d@s traballadores/as, entre outros beneficios. Dita charla será desenvolvida por xente de ATTAC: un movemento independente que se propón levar a cabo unha triple tarefa: educación popular, influir democráticamente nos movementos sociais e organizacións políticas e sindicais e a movilización social.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 septiembre, 2017 — Visitas totales: 9,859 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0