Asemblea de setembro: renda básica

Como cada 1º xoves de mes o 4 de setembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

 

A charla-debate será sobre a renda básica:  un ingreso pagado polo Estado a cada membro de pleno dereito ou residente. Se se puxese en práctica evitaría a exclusión de social de persoas en situación de pobreza ou reforzaría a posición negociadora d@s traballadores/as, entre outros beneficios. Dita charla será desenvolvida por xente de ATTAC: un movemento independente que se propón levar a cabo unha triple tarefa: educación popular, influir democráticamente nos movementos sociais e organizacións políticas e sindicais e a movilización social.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0