Asemblea de outubro: non aos recortes en educación, non á LOMCE

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 2 de outubro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a educación, sobre as loitas contra a nova lei do ensino (LOMCE). Para iso contaremos coa participación de dous colectivos estudantís: a UDC en Loita e o Colectivo Estudantil Libertario (CEL) da Coruña, que nos aportarán a súa visión do que está a acontecer neste ámbito.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0