Archivo de octubre de 2014
Asemblea de novembro: mércores 5
Nesta ocasión a asemblea de novembro a teremos o mércores 5 ás 19:30 no Campo de Marte. O motivo para este adianto é que ao día seguinte hai convocadas manifestacións nas 7 grandes cidades de Galicia pola Plataforma Galega das Marchas da Dignidade (na Coruña sae ás 20 horas da Praza de Portugal).
A charla-debate nesta ocasión será precisamente para informar e debater sobre o acto das Marchas da Dignidade que terá lugar o 29 de novembro con saída ás 12 horas da Praza do Obradoiro, en Compostela. Por un sinfín de motivos (lei de seguridade cidadá, recortes en sanidade e educación, desemprego masivo, corrupción, pobreza…) o 29N preténdese encher o Obradoiro contra o sistema corrupto e a súa crise-estafa.
Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.
Mercadiño de troco de outubro
O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 25 de outubro.
Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.
A crise do ébola
A día de hoxe, e coa actualidade informativa golpeando con forza, resulta importante dar un paso atrás para coller perspectiva e reflexionar sobre o que está a pasar. Hai dous meses facíamonos eco do texto dun compañeiro da Marea Blanca de Madrid chamado “A crise do ébola”. Hoxe, tristemente, pode ser de interese retomalo para avaliar o que pasou neste intervalo de tempo:
Namentres, as autoridades políticas seguen demostrando a súa responsabilidade e competencia…