Archivo de noviembre de 2014

Troco de novembro: penúltimo sábado de mes

 

 

Nesta ocasión celebramos o mercadiño de troco o penúltimo sábado de mes: o 22 de novembro de 12 a 14 horas no Campo de Marte.

 

O motivo deste adianto é que o sábado seguinte, o 29, haberá un acto das Marchas da Dignidade con saída ás 12 horas da Praza do Obradoiro, en Compostela. Por un sinfín de motivos (lei de seguridade cidadá, recortes en sanidade e educación, desemprego masivo, corrupción, pobreza…) o 29N preténdese encher o Obradoiro contra o sistema corrupto e a súa crise-estafa.

 

Lembrámosvos que o noso mercadiño de troco consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0