Archivo de diciembre de 2014

Asemblea de xaneiro: Lei mordaza

 

Nesta ocasión a asemblea de xaneiro a teremos o xoves 8 ás 19:30 no Campo de Marte. O motivo para este atraso é que o 1º xoves coincide día 1 de xaneiro, que é un día festivo no cal convén reposar para comezar o ano con máis enerxía.

 

charla-debate nesta ocasión será sobre o proxecto de reforma da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza.  Dita lei responde ás necesidades de disciplinamento social fronte ás protestas pola angustia xerada á cidadanía debido aos efectos dañinos das políticas neoliberais.  Dita charla terá dúas versións: unha impartida por un avogado con información técnica da lei e outra versión desde o punto de vista dunha persoa activista quen pronosticará como será o noso día a día con eses previsibles cambios legais.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercadiño de troco de decembro

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 27 de decembro.

 

Ademais, ao coincidir durante as datas do Nadal, será un mercadiño especial centrado en intercambiar cousas que poidan servir como agasallos.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

Asemblea de decembro: contra os desaloxos do Ofimático-Elviña

 

Como cada 1º xoves de mes o 4 de decembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será sobre a loita contra os desaloxos no Ofimático-Elviña. Nela participarán persoas de Stop Desafiuzamentos Coruña que explicarán como a Xunta e o Concello tentan expulsar das súas casas á veciñanza de San Vicente de Elviña, para facer un proxecto que inclúe unha ponte técnica inviable e innecesaria, ou solares que ían ter uso público mais finalmente van mudar de uso, é dicir, van ser privatizados.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,731 — Últimas 24 horas: 7 — Conectados: 0