Archivo de febrero de 2015

Mercadiño de troco de febreiro

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 28 de febreiro.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Manifestación en apoio ás marchas da dignidade

 

 

 

 

Manifestación na Coruña en apoio ás Marchas da Dignidade (lembremos que o 21 de marzo haberá outra gran mobilización convocada por esta plataforma a nivel de todo o estado en Madrid) o 25 de febreiro ás 20:00 desde a Praza de Portugal.

Asemblea de febreiro: non ao TTIP

 

Como cada 1º xoves de mes o 5 de febreiro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 19:30 horas.

A charla-debate será sobre a Tratado Transatlántico entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP, polas súas siglas en inglés), cuxa negociación está a levarse en secreto e podería ter consecuencias fatais sobre todos os servizos públicos, a agricultura e a gandaría, as pequenas e medianas empresas, a protección dos traballadores, o medioambiente ou a propia democracia ao quitar poder aos estados fronte ás multinacionais. Dita charla será desenvolvida por xente de ATTAC: un movemento independente que se propón levar a cabo unha triple tarefa: educación popular, influir democráticamente nos movementos sociais e organizacións políticas e sindicais e a movilización social.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 26 julio, 2017 — Visitas totales: 9,732 — Últimas 24 horas: 8 — Conectados: 0