Archivo de abril de 2015

Asemblea de abril: Fiare banca ética


Nesta ocasión a asemblea de abril a teremos o mércores 8 ás 19:30 no Campo de Marte. O motivo para cambio de data é que a 1ª semana de mes foi “Semana Santa” e o xoves 9 estamos convidad@s a falar durante a presentación do Republicano de Honra 2015 na Real Academia Galega ás 20 horas (pois o premio foi a parar a un compañeiro de loitas) .

 

charla-debate nesta ocasión será sobre Fiare Banca Etica, que nace da unión de dous proxectos baseados nas finanzas éticas: Banca Popolare Etica, un banco cooperativo que traballa en Italia desde 1999 e Fiare que opera no estado español desde 2005. Ambos queren ser unha ferramenta ao servizo da transformación social a través da financiación de proxectos da economía social e solidaria e a promoción dunha culturada intermediación financeira, baixo os principios da transparencia, a participación, a democracia e o crédito como dereito.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0