Archivo de junio de 2015

Asemblea de xullo: Non ao peche de camas, si á sanidade pública

Como cada 1º xoves de mes o 2 de xullo celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

A charla-debate será neste caso contra o peche de camas nos hospitais públicos galegos (arredor de 1.200 se calcula que pecharán este verán, 160 delas na Coruña), contra o colapso que están a sufrir as urxencias na sanidade pública e tamén amosaremos o noso rexeitamento ás derivacións aos hospitais privados. Ademais, daranse varias recomendacións sobre o que poden facer todas as persoas que o desexen, a título persoal, para loitar contra estas cuestións. Para falar de todo isto contaremos coa presenza de persoas da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña.

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

 

Concentración contra a Lei Mordaza

 

 

 

Este martes, 30 de xuño, ás 20 horas, haberá unha concentración no Obelisco (e en múltiples puntos do Estado tamén) contra a Lei Mordaza que, se non o evitamos, entrará en vigor en xullo.

Para máis información recomendamos a lectura da seguinte ligazón do blogue de Stop Desafiuzamentos Coruña: Sumámonos á convocatoria para esixir que a Lei Mordaza non entre en vigor

Mercadiño de troco de xuño

 

 

 

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 27 de xuño.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

Concentración en defensa da sanidade pública

 

 

 

Este domingo, 21 de xuño, ás 12:30 horas, haberá no Obelisco da Coruña unha concentración, convocada polas mareas brancas nos distintos puntos do Estado (organizada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública no caso coruñés) coas seguintes reivindicacións:

  • Contra o peche de 1015 camas.
  • Contra a privatización da Sanidade.
  • Pedindo vacinas e medicinas para tod@s xa.
  • Por unha sanidade pública gratuita, universal e de calidade.

Concentración pola liberdade de Alfón

 

 

Este sábado, 20 de xuño, ás 20:30 horas, haberá no Obelisco da Coruña unha concentración pola liberdade de Alfón. Súmase así a nosa cidade ás convocatorias que tamén haberá noutros puntos do Estado (Madrid, Barcelona, Xixón, Valladolid…).

 

Alfón fora detido o 14 de novembro de 2012, día de folga xeral. Na seguinte ligazón pódese ler un comunicado no que se explica o ocurrido: Red Roja – Comunicado por la libertad de Alfón

IV Aniversario da Asemblea Popular de Monte Alto!!

 

Lembrádevos de que hoxe é o noso cuarto aniversario, e imos celebralo cunha asemblea adicada ó micro aberto e os petiscos. Despois de catro anos de resposta constante na rúa ás agresións dos distintos Gobernos, hoxe será día de festa! Adicaremos a asemblea popular que facemos tódolos primeiros xoves de mes a celebrar este aniversario e desfrutar da vosa compañía.

A asemblea/festa popular comezará ás 20h no Campo de Marte, coma sempre. Agardámosvos alí!

 

E como lembranza fermosa, pasámosvos un vídeo da primeira asemblea do 15M de Monte Alto. Podédelo ver aquí:

Primeira asemblea do 15M en Monte Alto

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 agosto, 2017 — Visitas totales: 9,822 — Últimas 24 horas: 3 — Conectados: 0