Archivo de agosto de 2015

Asemblea de setembro: non aos recortes en educación

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 3 de setembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será contra os recortes educativos (especialmente no ensino universitario). Falarase, entre outras cousas, da loita dos traballadores da Universidade, do Plan Boloña, da fusión de centros da UDC, etc. Contaremos coa participación de dous colectivos estudantís: Acción Universitaria e Liza Coruña, que nos aportarán a súa visión do que está a acontecer neste ámbito.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Mercado de troco de agosto

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 29 de agosto.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

O de agosto será un mercadiño de troco especial, xa que se cumplimos 4 nos desde que o comezamos a levar a cabo. Nesta ocasión, ademais, o mercadiño será temático, tentando facer especial fincapé no intercambio de material escolar, aproveitando que en setembro comezan as clases nos colexios.

 

 

 

 

 

Vídeo da presentación alternativa das festas

Presentación alternativa das festas de María Pita o 6 de agosto deste ano. Trátase dun “pregón alternativo” feito por dous personaxes ficticios: Rodolfo Guante Blanco (suposto representante da “Excelentísima Junta de Galicia”) e Xurxo Porreiro (hipotético membro do concello da Coruña). Serán eles quen, a base de tópicos e con moito humor, nos exporán o seu punto de vista sobre as festas da nosa cidade.

Asemblea de agosto: Pregón alternativo

 

Como cada 1º xoves de mes o de agosto celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

 

O punto forte nesta ocasión será un “pregón alternativo”, unha especie de teatriño a través do cal 2 compañeiros darán a vida a dous personaxes ficticios: Rodolfo Guante Blanco (suposto representante da “Excelentísima Junta de Galicia”) e Xurxo Porreiro (hipotético membro do concello). Serán eles quen, a base de tópicos e con moito humor, nos exporán o seu punto de vista sobre as festas da nosa cidade.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

 

 

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 22 noviembre, 2017 — Visitas totales: 9,947 — Últimas 24 horas: 2 — Conectados: 0