Asemblea de agosto: Pregón alternativo

 

Como cada 1º xoves de mes o de agosto celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

 

O punto forte nesta ocasión será un “pregón alternativo”, unha especie de teatriño a través do cal 2 compañeiros darán a vida a dous personaxes ficticios: Rodolfo Guante Blanco (suposto representante da “Excelentísima Junta de Galicia”) e Xurxo Porreiro (hipotético membro do concello). Serán eles quen, a base de tópicos e con moito humor, nos exporán o seu punto de vista sobre as festas da nosa cidade.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas. Tamén se dará conta dos principais avances e se anunciarán e votarán as próximas accións.

 

 

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0