Mercado de troco de agosto

 

O último sábado de cada mes desde a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organizamos un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 29 de agosto.

 

Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.

 

O de agosto será un mercadiño de troco especial, xa que se cumplimos 4 nos desde que o comezamos a levar a cabo. Nesta ocasión, ademais, o mercadiño será temático, tentando facer especial fincapé no intercambio de material escolar, aproveitando que en setembro comezan as clases nos colexios.

 

 

 

 

 

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0