Asemblea de setembro: non aos recortes en educación

 

 

Como cada 1º xoves de mes o 3 de setembro celebraremos  a nosa Asemblea mensual no Campo de Marte ás 20:00 horas.

 

A charla-debate nesta ocasión será contra os recortes educativos (especialmente no ensino universitario). Falarase, entre outras cousas, da loita dos traballadores da Universidade, do Plan Boloña, da fusión de centros da UDC, etc. Contaremos coa participación de dous colectivos estudantís: Acción Universitaria e Liza Coruña, que nos aportarán a súa visión do que está a acontecer neste ámbito.

 

Como sempre, haberá micro aberto, co cal as asistentes terán a posibilidade de participar, de xeito que poderemos aprender todas de todas.

Deja un comentario

© 11-12-2011 — Contacto: #15M Monte Alto — Actualizado: 28 diciembre, 2018 — Visitas totales: 11,466 — Últimas 24 horas: 1 — Conectados: 0